Exposición "A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico" |
No pasado mes de xuño inaugurábase no Museo Etnolóxico de Ribadavia a exposición "A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico".
Con
motivo desta exposición levouse a cabo no laboratorio do Museo a
restauración de diversos obxectos vinculados á actividade.
De
entre tódalas pezas escollemos este voitirón para exemplificar
dunha forma xeral as intervencións que se levaron a cabo, en maior
ou menor medida, segundo o estado de conservación de cada obxecto,
sobre o conxunto expositivo.
Os
tratamentos varían en función dos materiais e as técnicas de
fabricación pero en tódolos casos tense en conta moi especialmente,
a súa vida e o seu uso. Por este motivo, o obxectivo da nosa
intervención será eliminar ou frenar todas aquelas alteracións que
supoñan un deterioro para a peza (suciedade, falta de cohesión,
corrosión, ataque biolóxico...) coa finalidade de asegurar a súa
conservación e estabilidade, deixando íntegras as pequenas
reparacións, engadidos de material ou modificacións que, non
formando parte da creación orixinal, aporten datos importantes, ou
canto menos interesantes sobre a vida útil das pezas.
Estas
son pezas valiosas dende o punto de vista antropolóxico en canto a
que foron as ferramentas de traballo de persoas. Eran obxectos
cotiáns que pola natureza dos materiais que os compoñen poden
considerarse fráxiles e pouco valiosos. Pero ao mesmo tempo eran
obxectos moi valorados porque eran sinónimo de riqueza ou canto
menos, de supervivencia e constancia disto son as numerosas
reparacións que pudemos atopar en todos eles e que tentaban alargar
ata o máximo a súa vida útil.
IDENTIFICACIÓN
DO OBXECTO
OBXECTO
Voitirón.
PROCEDENCIA
Francelos,
Ribadavia (Ourense).
MATERIAIS
Fibra
sintética, cordel, madeira de mimosa, ferro.
TÉCNICA
Redería
artesanal.
DIMENSIÓNS
Diámetro máximo (boca) 73 cm; Profundidade 150 cm.
DESCRICIÓN
Voitirón
de dous bozos fabricado en rede de material sintético. A estrutura
ríxida consta dun arco de madeira pelada de mimosa e catro aros de
ferro, aparte de dúas varas denominadas "estendidillas"
tamén de mimosa que servirían para manter a rede estirada e tensa,
quedando amarradas ao resto da estrutura por medio de cordeis.
ESTADO
DE CONSERVACIÓN
Existen pequenos puntos de corrosión nos aros de ferro que puntualmente ensuciaron de ferruxe os elementos en contacto. Na unión dos extremos de cada aro hai enrolada cinta adhesiva, seguramente colocada ahí para protexer ao tecido do roce cos bordos das varillas de ferro. Esta cinta está hoxe deteriorada e algo despegada. Os elementos de madeira atópanse igualmente sucios e tamén deshidratados, perdendo flexibilidade e resistencia. Esta rixidez ou falta de elasticidade impropia dos materias que constitúen a rede é precisamente a que impide estirala na súa posición de uso e dificulta a súa visualización e diagnose, debido ao perigo de someter certos elementos a tanta tensión.
TRATAMENTOS
DE RESTAURACIÓN
LIMPEZA.
Tras unha
primeira limpeza en seco con brochas de diversas durezas e aspirador
lévase a cabo unha limpeza
química máis en profundidade e xeneralizada con escuma de
tensoactivo neutro. Tras deixar actuar unha hora aclárase en
sucesivos baños, sempre tentando reducir ao máximo o contacto
prolongado coa auga.
MONTAXE
E SECADO. Aproveitando a flexibilidade que a humidade aporta
aos diversos elementos procédese á montaxe do voitirón. Unha
vez montado o secado será máis doado e ademáis, poderemos observar
e documentar mellor algúns detalles importantes que nos falan da
vida e uso desta peza.
CONSOLIDACIÓN
DA REDE.
Nas
zonas onde a malla está partida é preciso intervir o antes posible
para evitar distendementos. Primeiro aplícase poliamida téxtil como
punto de adhesión e onde a tensión é imporatnte ou as lagoas son
de maior tamaño, refórzase despois cun cosido de fío de seda.
PROTECCIÓN DOS ELEMENTOS DE MADEIRA. Para rematar coa intervención, todos os elementos de madeira son protexidos cun aceite de base vexetal que nutrirá a madeira, facendo que esta recupere flexibilidade e resistencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario