Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

jueves, 30 de marzo de 2017

Cine de entroido: "Madamas e galáns. Historia do entroido de Cobres"


Este sábado 1 de abril ás 20:00 h no salón de actos do Museo Etnolóxico proxectarase coa colaboración do Concello de Vilaboa (Pontevedra) e a Sociedade Antropolóxica Galega o documental: "Madamas e galáns. Historia do entroido de Cobres"  promovido pola Asociación Cultural de Cobres e o Concello de Vilaboa, dirixido e producido polos antropólogos Rafael Quintiá e Miguel Alonso, xunto co etnógrafo Xosé Anxo Rosales.
Na presentación participarán Carlos Acuña Rubianes, concelleiro de Cultura e Mocidade do Concello de Vilaboa, e Rafael Quintiá, director do documental e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega.


SINOPSE:

“Madamas e galáns. Historia do entroido de Cobres” é un documental no que se recolle e se dá a coñecer a riqueza do entroido tradicional de Cobres e dos diferentes entroidos enxebres que se celebran no concello de Vilaboa,  descubrindo o significado desta festa ritual e dos seus elementos constituíntes, os elementos que se perderon co paso do tempo e o xeito no que hoxe se celebra; á vez que se fai un percorrido pola súa historia e polos aspectos e elementos culturais máis significativos, incluídos aqueles que xa están desaparecidos.





FICHA ARTÍSTICA:

DIRECCIÓN: Rafael Quintía

GUIÓN: Rafael Quintía e Xosé Anxo Rosales

REALIZACIÓN: Miguel Alonso

GRAVACIÓN: Miguel Alonso, João Bieites e Rafael Quintía

MONTAXE: Miguel Alonso





FICHA TÉCNICA:

PRODUTORA: Un documental realizado por AB ORIGINE ANTROPOLOXÍA. Promovido e financiado pola Asociación Cultural Cobres-Vilaboa. Coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, Concello de Vilaboa e Sociedade Antropolóxica Galega.

TÍTULO ORIXINAL: “MADAMAS E GALÁNS. HISTORIA DO ENTROIDO DE COBRES”

TIPO: Documental

XÉNERO: Etnográfico

ANO: 2016

DURACIÓN: 98'.

ORIXE: Galiza

IDIOMA V. O.: Galego

Se queredes coñecer un pouco máis do entroido de Cobres tedes información  AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario