Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

martes, 4 de abril de 2017

Programación Museo Etnolóxico abril 2017


Xoves 06/04/2017
     
      20:00 h: presentación e conversa sobre o libro «Tufelicidad no está en tierra hostil» co seu autor José Mejuto.
Co obxectivo de encontrar o mellor dun mesmo para sacalo á luz, o coach e autor do libro José Mejuto proporá aos asistentes un sistema fundamentado na súa propia experiencia vital, que vai dende o budismo ao teatro, para ver o mundo dende outro prisma.
Acto da concellería de Benestar Social, Sanidade e Participación Cidadá (Igualdade e Muller) do Concello de Ribadavia.



Mércores 19/04/2017
20:00 h: Presentación do libro: «Bernardino Graña Refojos. Crónicas de Cangas e mestre en Ribadavia e Cangas» coordinado por Iago Santos Castroviejo.
Publicación adicada ao mestre humanista e xornalista don Bernardino Graña Refojos, que exerceu a docencia en Ribadavia, no Colexio Akademus, e en Cangas, na Academia Morrazo.
Na presentación participarán Juan Bande Alonso, Xesús Alonso Montero e Iago Santos Castroviejo.

 Venres 21/04/2017
12:00 h: celebración do «Día Internacional do Libro» (23 abril) o venres 21 de abril haberá unha liberación de libros xunto con 48 bibliotecas de museos de todo o estado español, iniciativa organizada desde hai oito anos pola Biblioteca-Centro de Documentación ARTIUM de Vitoria. 
A Biblioteca do Museo liberará libros centrándose no rural da comarca do Ribeiro e na cidade de Ourense sempre co obxectivo de que a xente que encontre estes libros libres goce con eles e despois os volva deixar en calquera sitio público para que outra persoa poida desfrutar tamén con eles.


Venres 21/04/2017
20:00 h: conversa no Museo Etnolóxico «Minería aurífera en época romana na comarca do Carballiño» con Oria Ferreiro Diz.
A zona do Carballiño é unha das de maior potencial aurífero de Galiza. Non obstante, non existen traballos que aborden o estudo de xacementos como os de Daviña (Boborás), Puzo do Lago (Maside) ou As Grobas (O Irixo) desde unha perspectiva arqueolóxica, a pesares de presentaren sinais de aproveitamento en época romana.
Licenciada en Historia pola USC e máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola mesma universidade, participou na escavación de diversos xacementos arqueolóxicos tanto en España -Castro de Santa Lucía (Astariz), Abric Pizarro (Áger, Lleida)-, como en Italia (Cuma, Nápoles).

Xoves 27/04/2017
20:00 h: conversa no Museo Etnolóxico «A posguerra no Ribeiro» con Anxo Collarte
Introducción á vida cotiá no Ribeiro dos anos corenta e primeira metado dos cincuenta, con especial atención no eido das condicións de vida e de traballo neses duros anos.
Anxo Collarte é licenciado en Historia e profesor de Ensino Secundario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario