libros preparados para a liberación |
Por quinto ano consecutivo a Biblioteca do Museo Etnolóxico
participa na liberación conxunta de libros xunto a 59 bibliotecas de museos e
centros de arte de toda España, para celebrar o Día Internacional do Libro (23
de abril).
Este ano 2017 a liberación será o venres 21 pola mañá da
mañá por calquera lugar público da Comarca do Ribeiro e na cidade de Ourense e
alrededores, deixaranse libres dez libros de temática variada: contos infantís,
o novo catálogo do Museo sobre tonelería, unha guía de museos de Galicia, unha
novela sobre as Touza, un libro sobre vitivinicultura, un catálogo dunha
exposición de fotografía... e máis.
Pódense consultar todos os títulos, os lugares e as horas de
liberación na páxina de bookcrossing do Museo Etnolóxico AQUÍ.
Venres 21 de abril 20.00 h: conversa con Oria Ferreiro Diz
"Minería aurífera en época romana na comarca do
Carballiño"
Oria Ferrerio é licenciada en Historia pola Universidade de
Santiago de Compostela e máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola
mesma universidade, participou na escavación de diversos xacementos
arqueolóxicos tanto en España -Castro de Santa Lucía (Astariz), Abric Pizarro
(Áger, Lleida)-, como en Italia (Cuma, Nápoles).
A zona do Carballiño é unha das de maior potencial aurífero
de Galiza. Non obstante, non existen traballos que aborden o estudo de
xacementos como os de Daviña (Boborás), Puzo do Lago (Maside) ou As Grobas (O
Irixo) desde unha perspectiva arqueolóxica, a pesares de presentaren sinais de
aproveitamento en época romana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario