O venres 5 de maio ás 20.00 h. presentarase no salón de actos do Museo o catálogo da exposición: "A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico".
Aproveitaremos o acto para manter un coloquio sobre a pesca deportiva coa participación de Gabriel Fernández, presidente da Agrupación Deportivo Natural.
Catálogo con pezas integrantes da colección de pesca do Museo Etnolóxico, con textos de Víctor Castro Carballal, María José Ruíz Vázquez e Sara Costa Muñoz e fotografías de Santi M. Amil, Miguel Piñeiro, Pablo González, Hércules de Ediciones, Marqués de Santa María del Villar e Mila Rodero.
No catálogo Víctor Manuel Castro contextualiza cuns apuntamentos históricos a pesca fluvial en Galicia e a relación desta coa actividade económica, para pasar despois a catalogar as artes ou aparellos presentes na colección do Museo Etnolóxico: as artes naseiras, as artes redeiras, as embarcacións e as artes de liña (nasa, nasón, rede de pesca, cana de pesacar, cebo, cesto. Por outro lado as restauradoras María José Ruíz e Sara Costa escriben sobre o estado de conservación, o proceso de restauración e os aspectos expositivos de varias das pezas que forman parte da exposición: as nasas, o nasón, a cesta, o voitrón e a bogueira.
No limiar do catálogo o director do Museo Etnolóxico, César Llana, reflexiona sobre a importancia da elaboración e edición dun catálogo: "a elaboración dun catálogo serve para reflexionar acerca dun tema, nesta caso a pesca fluvial, para revisar o estado de conservación dos bens que intergran o fondo, para tomar conciencia das lagoas e tamén ás veces, como é felizmente o caso, elaborar un discurso cos bens elixidos e mostralo á cidadanía a través dunha exposición. Un traballo no que intervén o cadro de persoal do Museo: identificando e documentando, intervindo para acadar o mellor estado de conservación posible, buscando imaxes e textos acaídos ao relato a desenvolver". Tanto a exposición como a publicación do catálogo que a complementa é por tanto o resultado do traballo en equipo do persoal técnico do Museo, dos fotógrafos, dos deseñadores, dos montadores, etc.

Interesante temática. O catálogo está a venta ou dispoñible nalgunha biblioteca? Grazas, un saúdo.
ResponderEliminarEnviamos a todas as bibliotecas públicas nodais de Galicia polo tanto deberían telo para consulta, tamén está dispoñible para consulta na biblioteca do Museo, e está a venda no propio Museo e en breve en internet na librería institucional da Xunta de Galicia https://libraria.xunta.gal/es.
EliminarSaúdos