Mécores 19 de abril ás 20:00 h: Presentación do libro: «Bernardino Graña Refojos. Crónicas de Cangas (1930-1933) e
mestre en Ribadavia e Cangas» coordinado por Tonino Graña, Iago Santos
Castroviejo e Amalia Soage Molanes.
Publicación adicada ao mestre
humanista e xornalista don Bernardino Graña Refojos, que exerceu a docencia en
Ribadavia, no Colexio Akademos, e en Cangas, na Academia Morrazo.
Na presentación participarán Juan Bande
Alonso, Xesús Alonso Montero e Iago Santos Castroviejo.
A obra «Bernardino Graña Refojos. Crónicas de Cangas (1930-1933) e mestre en
Ribadavia e Cangas», coordinada por Tonino Graña, Iago Santos e Amalia
Soage, estrutúrase en tres partes, a primeira adicada á colaboración de
Bernardino Graña no xornal El Pueblo
Gallego (1930-1933), segue unha autobiografía do mestre e, finalmente, o
terceiro capítulo contén escritos de alumnos seus no Colexio Akademos de Ribadavia e na Academia Morrazo de Cangas. O libro complétase cunha presentación
de Antonio Graña Graña e coa lembranza de don Bernardino Graña Refojos feita
por Xesús Alonso Montero.
Esta fotografía do fondo Familia García Docampo conservada no Museo Etnolóxico é testemuño da labor docente na vila de Ribadavia de Bernardino Graña, aparece no centro rodeado polo alumnado do Colexio Akademos diante da igrexa da Virxe da Oliveira no ano 1943. Á dereita, con gravata, Benito Aquilino, tamén profesor na escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario