Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

martes, 14 de marzo de 2017

Programación Museo Etnolóxico marzo 2017



 PROGRAMACIÓN DO MUSEO ETNOLÓXICO PARA O MES DE MARZO DE 2017
Venres 03/03/2017
20:00 h: presentación do libro «Haikusy (paréntesis)» de Jaime Moreda  

 O poeta Jaime Moreda presenta su último quefacer poético, nun acto presentado por José Luis Chao Rey, presidente do Centro de Estudios Medievais de Ribadavia.
Venres 10/03/2017

 20:30 h: conversa no Museo Etnolóxico «Posta en valor e divulgación dos pombais no concello de Chantada» co seu autor Ramón Cedrón Díaz
Presentación do proxecto desenvolvido pola asociación Treboada de Ideas para o inventario, posta en valor e difusión na rede dos pombais deste concello lucense.



Sábado 18/03/2017
20:30 h: Cine de Entroido: «O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao» documental dirixido por David Vázquez. 
Esta curta dirixida por David Vázquez e con guión do propio David e de Lorena Gallardo, documenta a resistencia de prácticas culturais desenvolvidas en varias parroquias de Chantada, que lograron transmitirse de xeración ata hoxe en día nesa localidade de Santiago de Arriba. Estreado en abril de 2016 en Chantada, en decembro dese mesmo ano foi premiado na categoría de Entroido no Festival Internacional de Curtas de Verín e está seleccionado para Espiello Festival Internacional de Documental Etnográfico de Sobrarbe, entre 370 documentais quedaron como finalistas 23 entre os que está o documental de David Vázquez. Tráiler AQUÍ.
Nesta proxección como é habitual contamos coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo e a Federación de Cineclubes de Galicia.                                                

Venres 24/03/2017 
 
20:00 h: Presentación do catálogo «Colección Vitivinícola 2. A tonelería»
Catálogo das pezas integrantes da colección vitivinícola do Museo Etnolóxico e das pezas correspondentes ao obradoiro do toneleiro don Manuel Almuíña. Volume dirixido por Xosé Carlos Sierra Rodríguez, con textos de Víctor Castro Carballal e fotografías de Santi M. Amil e Fernando del Río. A presentación deste número da Colección Vitivinícola, adicado in memoriam ao señor Almuíña, aproveitarase para render homenaxe a un dos últimos toneleiros do Ribeiro mediante un coloquio con adegueiros e colleiteiros sobre a madeira e o viño.


Sábado 01/04/2017



20:00 h: Cine de Entroido: «Madamas e Galáns. Historia do Entroido de Cobres» documental dirixido por Rafael Quintía con guión do propio Rafael e Xosé Anxo Rosales, fai un percorrido pola historia do Entroido de Cobres e dos diferentes entroidos enxebres que se celebraban no concello de Vilaboa (Pontevedra). Descubrindo o significado desta festa ritual e dos seus elementos constituíntes, os elementos que se perderon co paso do tempo e o xeito no que hoxe se celebra. Promovido pola Asociación Cultural Cobres-Vilaboa e realizado por AB ORIGINE, gabinete de antropoloxía e co asesoramento da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).

No hay comentarios:

Publicar un comentario