Conversa no Museo Etnolóxico:
"Relacións entre Galicia e as Illas Británicas a comezos da Idade Media"
con Xoel Rodríguez Martínez bolseiro da Xunta de Galicia no Museo Etnolóxico
xoves 29 de xuño ás 20.00 h
Xoel Rodríguez Martínez falaranos este xoves 29 de xuño ás 20:00 horas
das relacións que houbo entre o noroeste peninsular e as Illas Británicas a
comezos da Idade Media. Na súa conversa, «Relacións entre Galicia e as Illas
Británicas a comezos da Idade Media», aproximaranos a temas como as relacións
comercias, a literatura artúrica ou os cruzados en Compostela.
Xoel Rodríguez Martínez é bolseiro en formación en
catalogación de patrimonio moble galego pola Xunta Galicia no Museo Etnolóxico
dende xullo do 2017. Tamén estivo como bolseiro no Museo Massó de Bueu e no
Museo das Peregrinacións e de Santiago.
O seu traballo fin de máster no Máster en Estudos Medievais Europeos
da Universidade de Santiago de Compostela versou sobre as relacións entre
Galicia e o mundo británico na Alta e Plena Idade Media. O traballo, dirixido
por José Miguel Andrade Cernadas, centrouse nas relacións comercias, artísticas
e literarias entre ambos os dous territorios a través de testemuños como os
“immrama” irlandeses, os peregrinos ingleses ou a materia artúrica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario