Exposición temporal: "Xosé Vizoso. Carteis 1970-2016" organizada polo Museo Etnolóxico, poderá verse no local social da Igrexa da Madalena do 10 de xuño ao 10 de xullo.
Horario:
Martes a Venres: 12 a 14 h e 17 a 19 h
Sábados e Domingos: 11,30 h a 14 h
Luns e festivos pechado
Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950). No Bacharelato tivo de profesor ó escultor valenciano Juan Puchades, que estimulou nel a vocación polas artes plásticas. Pasou en 1968 a Sargadelos, onde contou co maxisterio de Díaz Pardo. Creou decenas de pezas de cerámica, deseñou centos de libros e ilustrou moitos deles; é autor dun cento de carteis de festas, congresos, etc. Escenógrafo. Pintou grandes murais, e deseñou e montou diversas exposicións. Unha mostra da súa arte e da súa tenrura cos cativos pode verse nas ilustracións do libro CANTOS DE SOL A SOL e outros de Xosé Neira Vilas.
"Os carteis de Vizoso van moito máis alá dun anuncio, da noticia dunha festa, da información de urxencia sobre un evento social ou cultural. Non son carteis para ver dun saque e seguir, senón pezas artística para contemplar con lecer, con delectación estética. Non son para persoas apuradas senón para analizar en detalle con ollada inevitablemente admirativa", parte do texto que Neira Vilas fai sobre o artista e a súa obra no catálogo da exposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario