Venres 18 de agosto de 2017 ás 20.00 h no Museo Etnolóxico
Conversa co xeológo holandés Salomon Kroonengerg:
«Pena Corneira, Carlos Casares e un xeólogo holandés que
fala galego»
O xeólogo holandés Salomon
Kroonenberg, realizou a súa tese de máster (1971) sobre a xénese das
formas graníticas no noroeste de España, o que lle permtiu coñecer Galicia e a
súa cultura.
Doutor pola Universidade de Amsterdam, ten sido profesor na
Universidade Agrícola de Wageningen (1982) e da Universidade Técnica de Delft
(1996), continuando en esta como profesor emérito trala súa xubilación (2009).
Entre outros premios e recoñecementos é Membro Estranxeiro da Academia Rusa de
Ciencias Naturais, Premio Eureka ao mellor libro de ciencias naturais e
profesor honorario da Universidade Estatal de Moscú. Dende o ano 2011 é Oficial
da Orden Oranje-Nassau.
No hay comentarios:
Publicar un comentario