O luns 25 de setembro ás 20.00 h no local social da Igrexa da Madalena, para inaugurar o Outono Fotográfico, temos tres actos:
*inauguración da exposición "Efémeros" con fotografías de Juan Antonio Gómez de arte de rúa "arte do spray" como el mesmo a nomea; exposicion organizada polo Museo Etnolóxico e incluída dentro da programación do Outono Fotográfico 2017.
*lembranza dos 50 anos da fundación da Agrupación Fotográfica de Ribadavia (AFR), da que Juan Antonio Gómez foi un dos fundadores e secretario da primeira directiva,
*música con Pardedous dúo formado por Alexandre Cabanelas ao saxo e Ángel Alfonso Gulías ao piano.
A exposición "Efémeros" de Juan Antonio Gómez, poderase visitar no local social da Igrexa da Madalena ata o 20 de outubro.
Horario: Martes a venres: 12 a 14 h. e 17 a 19 h.
Sábados e domingos: 12 h. a 14 h.
Festivos:
pechado
Foto Juan Antonio Gómez |
Para esta
mostra podería ter presentado a máis ampla colección de vistas onde locen
habilidades tantos artistas do efémero. Contribuiría así a dar permanencia a
obras condenadas ao esquecemento.
Considérase
en débeda o autor con tantos artistas do spray
que sacaron do anonimato, dándolles categoría de arte, recunchos das nosas
cidades. Darase por ben pago se contribuíu para demostrar que, aínda no
efémero, caben outras virtudes, e moito máis, se cooperou a perpetuar obras
antes de que as sacuda o vento.
Juan Antonio Gómez consolida a súa vocación en
Madrid onde vai estudar Económicas no Real Centro Universitario María Cristina
(UCM), ingresando na Escola Oficial de Cinematografía. En 1967 funda a Agrupación Fotográfica de Ribadavia
xunto con Víctor López, Hipólito Fernández, Luis Olivares, Enrique Rodríguez e
Antonio Pérez. Entre outros, obtivo o premio especial A.F.O., o I e o II Trofeo
Galicia, o premio do Nacional de Fotografía Turística, o I Concurso da
Delegación de Información e Turismo, etc.
Fundador
(1977), xunto con Hipólito Fernández e Enrique Banet, do Grupo 77; que se
presentou no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense con prólogo de Xesús Ferro
Couselo no programa.
Anos
despois, salvo a etapa con Luis Olivares co selo
Foto-Asociación, crea ARGOFOT traballando en
solitario para editoriais, administracións e empresas, entre estas Franco Maria
Ricci con obra en FMR e en ART FMR.
Folleto completo da exposición AQUÍ
Aproveitamos esta exposición dun dos fundadores da Agrupación Fotográfica de Ribadavia para facerlle unha lembranza a esta Agrupación ribadaviense, con motivo dos 50 anos da súa fundación, o 29 de abril de 1967, cun folleto informativo no que se reflicte a finalidade e os obxectivos desta agrupación, así como quen formou parte da súa primeira directiva e persoas que formaron parte dela ao longo da súa existencia.
Folleto completo da exposición AQUÍ
Aproveitamos esta exposición dun dos fundadores da Agrupación Fotográfica de Ribadavia para facerlle unha lembranza a esta Agrupación ribadaviense, con motivo dos 50 anos da súa fundación, o 29 de abril de 1967, cun folleto informativo no que se reflicte a finalidade e os obxectivos desta agrupación, así como quen formou parte da súa primeira directiva e persoas que formaron parte dela ao longo da súa existencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario