Domigo 5 de maio ás 19.30 h no Museo Etnolóxico concerto de Germán Díaz e Benxamín Otero presentan o proxecto: Trece cancións bonitas´.
Iturri zaharretik
edaten dut,
ur berria edaten,
beti berri den ura,
betiko iturri zaharretik.
Joxean Artze
Da vella fonte
bebo,
bebo a agua nova,
a agua que sempre é nova,
da fonte que sempre é vella.
En Trece cancións bonitas Benxamín
Otero e Germán Díaz, propoñen unha selección de cancións co
sinxelo fío argumental de ser, ós seus oídos, bonitas...
compositores coma Schubert, Satie, Galliano ou Clastrier,
cancioneiros coma o de Inzenga ou o de Federico Olmeda, e melodías
propias, compoñen o corpus ecléctico e accidental que conforma este
personal concerto.
Instrumentos
coma o óboe e o corno inglés únense ás sonoridades medievais da
zanfona e a particulares instrumentos mecánicos coma o órgano de
barbaria, o aurephone ou a caixa de música programable para os que
Otero e Díaz perforan os seus propios cartóns con arranxos actuais
para vellas melodías.
Foto de Gus Abreu |
No hay comentarios:
Publicar un comentario