O venres 31 de maio ás 19:00 h inaugurase no Museo Etnolóxico a exposición "IRUSU VILLE" da artista IRIA FAFIÁN, que nos acompañará nese día para explicar a técnica e o concepto que hai detrás das obras. Esta exposición está incluída dentro das actividades organizadas polo festival UKP Day, que se celebra en Ribadavia o sábado 1 de xuño
Irusu é unha palabra xaponesa que define a situación na que unha persoa simula a súa ausencia cando alguén chama á porta...
"IRUSU VILLE" recrea un ambiente misterioso onde quen o visita, dende un punto de vista privilexiado, poderá ver e oír case todo o que está a acontecer.
A premisa desta proposta expositiva é expandir os límites da ilustración mediante a creación de imaxes que traspasen o marco bidimensional, coa intención de sumerxer ó espectador na atmósfera das imaxes. A instalación consiste nun percorrido por catro caixas de luz interactivas onde mistúranse elementos que non son propios do debuxo como a tridimensionalidade, a luz, o son, o tempo.
A AUTORA // Iria Fafián (Barcelona,1988)
Iria estudou Belas Artes, especializándose en ilustración e artes gráficas. Actualmente diversifica o seu traballo entre o muralismo e a ilustración editorial. Na súa obra persoal vemos unha marcada influencia de artes orientáis, tanto a nivel estético coma filosófico. Conceptos da pintura china, o mundo do Ukiyo-e xaponés, o teatro kabuki, o kamishibai e os relatos fantásticos da mitoloxía xaponesa inspiran moitas das súas creacións. No seu proceso creativo sempre está presente a investigación a nivel gráfico e a búsqueda dalgún resultado sorprendente. Irusu Ville é o seu último proxecto expositivo, no que traballou conxuntamente con Borja Freire, quen fixo o deseño sonoro e toda a parte electrónica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario