A
Real Academia Galega adícalle o ano 2019 á obra e a persoa de
Antonio Fraguas Fraguas (1906-1999), figura pertencente á xeración
do Seminario de Estudos Galegos-SEG (1923) e autor centrado na
investigación do folklore e da xeografía de Galicia. En diferentes
ocasións puxo a súa mirada sobre o Ribeiro, comarca que coñecía
ben pois tiña vínculos familiares, por vía materna, coas terras
veciñas de Maside.
A
exposición: "Fraguas dende o Museo Etnolóxico. Letras Galegas
2019" comisariada por Xosé C. Sierra Rodríguez consta de cinco
paneis nos que se presentan varias facetas do homenaxeado: Fraguas
folklorista e antropólogo, Fraguas xeógrafo, Fraguas e a percepción
do cambio social e cultural e a visión da muller, Fraguas e os
museos, Fraguas o Miño e o Ribeiro, así como unha mostra
bibliográfica da súa obra escrita.Foto da sala da exposición no Museo Etnoóxico |
Foto da sala da expoxición no Museo Etnolóxico |
Acompaña á exposición un folleto explicativo cunha reprodución facsimilar do artigo publicado, no nº 728 (1957) da revista "Vida Gallega", sobre a paisaxe do Ribeiro.
No folleto Xosé C. Sierra explica nunha nota:
"Este
artigo como a meirande parte dos publicados entre 1940 e 1975, está
en castelán, lingua na que se instalan el e os outros autores de
liñaxe galeguista pola presión política das autoridades
franquistas e ante o medo interiorizado por aqueles que, como D.
Antonio Fraguas, sufriron nas súas carnes e represión conseguinte
ao levantamento militar de 1936. Fraguas utiliza o galego, nestes 35
anos, en escasas ocasións, unha delas en 1946 nun artigo publicado
na Revista
de Guimarães,
editada nesta cidade do veciño Portugal. Antes de 1936 e despois de
1976 o galego é a lingua na que se instala o noso autor, coa
excepción dalgún traballo condicionado por esixencias editoriais.
Respectamos, pois, aquí o texto orixinal".
Folleto da exposición:
Folleto da exposición:
No hay comentarios:
Publicar un comentario