Na oitava edición do ciclo de cinema: "Marxes Fílmicas", en colaboración co Cineclube Padre Feijoo encargado da selección, xestión e proxección dos filmes, exploraremos un pouquiño do norte do continente africano, viaxaremos a Tunisia, ese pequeno país con pouco máis de 10 millóns de habitantes, segue tentando actualizar o seu camiño de progreso no social e no político.
Ás 22.00 h no patio do Museo Etnolóxico, até completar aforo, na primeira quincena de xullo (luns 8, mércores 10, luns 15 e mércores 17), de balde e en versión orixinal.
Os primeiros minutos do cine africano na época Lumière foron rodados en Tunisia (polo operador de orixe alxeriana Félix Mesguich) e tamén a produción de Albert Samana Chikly, Ghézal, a filla de Cartago (1924), que está considerada a primeira longa de ficción do continente.
A crise política en Tunisia de 2010-2011, coñecida como a Revolución dos Xasmíns ou a Intifada de Sidi Bouzid, conqueríu o derrocamento do goberno autocrático de Zine El Abidine Ben Ali. Os medios de comunicación tomaron como data de inicio o venres 17 de decembro de 2010, cando o mozo universitario e vendedor ambulante Mohamed Bouazizi se queimou ao bonzo na devandita cidade de Sidi Bouzid para protestar pola acción da policía que, ao confiscarlle o seu posto de venda de froitas na rúa, condenárono ao paro e á miseria. Esta situación vai condicionar e influír no cinema de Tunisia e sobre Tunisia nesta última década do século XXI.
Na programación dos filmes dada as dificultades de conquerir algúns dos filmes seleccionados, reiteramos a nosa gratitude pola colaboración do Instituto Francés de Bilbao.
Luns 8 de xullo, 22.00 h.
«Le Challat de Tunis» (Tunisia, 2014) 90 min.
dirixida por Kaouther Ben Hania
Tunes, verán de 2003. Challat, un home en motocicleta cunha navalla
de afeitar na man, axexa polas rúas. Dez anos máis tarde, despois da
revolución, cando a verdade parece ao alcance da man, unha obstinada
directora de cinema quere seguir a pista de Challat, decidida a
descubrir o misterio custe o que custe.
Premios
2014: Festival Internacional de Cine de Amiens (Francia)
2014: Festival de Cine Franco-Árabe de Romainville (Francia)
Mércores 10 de xullo, 22.00 h.
«Hedi» (Tunisia - Francia - Bélxica, 2016) 88 min.
dirixida por Mohamed Ben Attia
Hedi é un mozo sinxelo: non fala moito e non espera demasiado dunha
vida que xa ten. Indiferente a todo o que o rodea, acepta as cousas
como aparecen: deixa á súa nai, autoritaria e dominante, organizar o seu
matrimonio; que o seu xefe o envíe a Mahdia a semana da voda; e que o
seu irmán maior, Ahme, lle diga como debería comportarse. En Mahdia
atopa a Rim, unha animadora nun hotel de praia da que namora, mais os
preparativos de voda seguen e Hedi debe escoller.
Producida polos irmáns Dardenne.
Producida polos irmáns Dardenne.
Premios
2016: Festival de Berlín: Mellor Actor e Mellor Dirección Novel.
Luns 15 de xullo, 22.00 h.
«Vent du nord» (Tunisia - Francia, 2017) 89 min.
dirixida por Walid Mattar
O norte de Francia. Trasladan a fábrica onde traballa Hervé. É o único traballador que o acepta porque desexa outro destino: converterse nun pescador e transmitir esta paixón ao seu fillo. Arredores de Tunes, onde se instalaron a fábrica. Foued, desempregado, cre que traballar na fábrica lle permitirá ter cartos para curar á súa nai e, sobre todo, conquistar á moza que ama. As traxectorias de Hervé e Foued son semellantes e reflíctense.
Mércores 17 de xullo, 22.00 h.
«La belle et la meute» (Francia-Líbano-Noruega-Qatar-Suecia-Suíza-Tunisia,2017) 100 min.
dirixida por Kaoutcher Ben Hania
Durante unha festa de estudantes, Mariam, unha moza tunisiana,
reúnese con Youssef e vai con el. Poucas horas despois, Mariam vira pola
rúa en estado de shock. É o comezo dunha longa noite durante a cal
debes loitar para facer valer os teus dereitos e dignidade. Pero como
pode xustificar se está ao lado dos verdugos? Baseado en feitos reais,
"A bela e a manada" é un retrato da impunidade.
"Unha película desgarradora e necesaria en só nove planos (...) Unha película que é unha montaña rusa emocional e un tratado sociopolítico nunha"
(Boyd van Hoeij, The Hollywood Reporter).
No hay comentarios:
Publicar un comentario