Venres 20 de setembro ás 20.30 h no Museo Etnolóxico Lois Ladra presentará o seu libro: "Arqueologia
da Indústria Moageira em Castelo Branco. Moinhos hidráulicos no rio
Ocreza"
Escrito
orixinalmente en portugués e publicado pola editora
transmontano-duriense Lemad’Origem,
a obra presenta os resultados do proxecto de estudo e catalogación
de case que media centena de muiños de auga implantados nas ribeiras
do rio Ocreza, afluente do grande Texo, ao seu paso polo concello de
Castelo Branco. A construción dun encoro hidroeléctrico prevía o
asulagamento destes enxeños tradicionais, que foron sometidos a un
estudo de impacto ambiental orientado desde a perspectiva da
Arqueoloxía da Industria.
Lois Ladra (A Coruña, 1972): Arqueólogo e antropólogo. Estudoso do patrimonio cultural galaico-portugués, especialmente nas temáticas relacionadas coa Protohistoria e a Tecnoloxía tradicional. Autor de media ducia de libros e de varias decenas de artigos en revistas especializadas e de divulgación. Foi galardoado cos premios de investigación “Vicente Risco”, “Ferro Couselo”, “Cátedra”, “Raigame” e “Fermín Bouza-Brey”. Desenvolve a sua actividade profesional como traballador autónomo en diversos proxectos a nivel nacional e internacional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario