Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

jueves, 10 de octubre de 2019

Nova peza da colección téxtil en exposición: Mantón de Manila


Imaxe reproducida na vitrina: retrato de Áurea Dolores Estévez Estévez. Bos Aires, Arxentina; ca. 1930


Que é un mantón de Manila?
É un lenzo cadrado de seda decorado en cores vivas con flores, paxaros ou fantasías e rematado en todo o seu perímetro por flocos. Os mantóns de Manila toman o seu nome da capital filipina, onde os barcos facían a primeira escala na súa viaxe dende China ata España.

En España, na Fábrica de Tabacos de Sevilla as cigarreiras aproveitaban os panos bordados, nos que chegaban as follas de tabaco, como rebozos para protexerse da humidade cando cruzaban o Guadalquivir. Estes panos foron transformándose en mantóns decorados con motivos florais: uns con catro grandes rosas nas esquinas e outros con rosas de menor tamaño ocupando toda a superficie, coma neste mantón. Algunhas fontes denominan este tipo como mantón de cigarreira.

O mantón de Manila está vinculado ao exquisito non só pola minuciosidade do seu traballo artesanal e virtuosismo senon por estar ligado de forma directa á utilización dun dos materiais téxtiles máis valiosos, a seda.


Datos identificativos:

OBXECTO:  Mantón
TIPOLOXÍA: Mantón de Manila
CLASIFICACIÓN XENÉRICA: Indumentaria tradicional; Indumentaria feminina; Complementos de ombreiros
INVENTARIO: Sen inventariar
DATA: Finais do século XIX principios do XX 
TÉCNICA: Bordado á agulla,Crespón, Macramé
DIMENSIÓNS: TOTAIS 2,43 cm, INTERIOR 1,44 cm x 1,43 cm; 
                           FLOCO: TOTAL 50 cm, MACRAMÉ 15 cm, FÍOS: 33 cm
DESCRIPCIÓN: Lenzo cadrado de seda decorado en cores vivas con flores e rematado en todo o seu perímetro por flocos. O bordado é sinxelo e armónico cunha flora depurada, centrada en peonías, rosas e caraveis como motivos principais, moi do gusto español.
DOAZÓN : Cristina Andrade Estévez

Proceso de restauración do mantón de Manila:
Previa á montaxe na vitrina do mantón de Manila na sala de exposición: "Seguindo o fio" pasou polo proceso de restauración realizado por Luz Pedrido Pérez detallamos un esquema do proceso, o informe completo pódese consultar AQUÍ:

Estado de conservación:
O proceso dexenerativo vese reflexado en distintos signos ou indicadores:
-Amarelamento e escurecemento da obra téxtil
-Perda de elasticidade 
-Manchas de diferentes tipos
O envellecemento do mantón de Manila é evidente e presenta todos os indicadores arriba mencionados.



Proceso de intervención:
Microaspirado de toda a superficie.


Mostras de tintes para tinguido de soporte para perdas puntuais de soporte.

Alineado de fíos e tecido con vapor frío.
 Consolidación de lagoas, desgarros e xeral de case toda a superficie.


Colocación de soporte de maneira puntual.

Recolocación de fíos soltos nos bordados.

Alineado da peza.


Colocación na vitrina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario