En
1975 a UNESCO estableceu o 1 de outubro como o Día Internacional da
Música co obxectivo de exaltar a diversidade de manifestacións
musicais de todo o mundo.
No
Museo Etnolóxico neste 2019 festexamos esta conmemoración co
concerto co dúo Ethnos Atramo.
EthnosAtramo está formado por Pepa G. Lillo e
Gabriel Navalón, músicos experimentados e innovadores que propoñen
un espazo sonoro de encontro imaxinario entre culturas tan distantes
como diferentes irmandando
tradición e
vangarda cá finalidade de espertar sentimentos para
que o público os identifique
como propios a pesares da distancia temporal e xeográfica.
Presentan
un espectáculo de folk electro acústico con unha coidada selección
de emotivas cancións de diversa procedencia: cantares balcánicos,
música hebrea (sefardí, ashkenazi e xudeoienemita), baladas
centroeuropeas, música andalusí, aires populares casteláns e
cancioneiro xitano.
PROGRAMA
DO CONCERTO:
1.-INTROVADORIAS ( trad. andalusí)
2.-LAS PROMESAS DE JANO (trad. ashkenazi)
3.-LA GACELA Y EL PASTOR (trad. andalusí)
4.-LAMENTO ( trad. xudeoiemenita)
5.-TRAS LA VENTANA (trad. zíngaro)
6.-RAMA DE OLIVO (trad. xudeoiemenita)
7.-TROVADOR DE MELODÍAS (trad. andalusí)
8.-LA ROSA (trad. sefardí)
9.-ARRULLO MAGIAR (trad. húngaro)
10.-SUEGRAS DE AHORA (trad. sefardí)
11.-CIGÜEÑA Y CULEBRA (trad. castellano)
Todos os temas son adaptacións da música
antiga e tradicional. Arranxos musicais e composición orixinal por
Gabriel Navalón.
Dúo formado por: Pepa G. Lillo: voz e
percusións (pandeireta, daf, pandeiro con sonajas, darbuka, bodhrán
e crótalos).
Gabriel Navalón: teclado, programacións e
ambientación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario