Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

lunes, 4 de noviembre de 2019

Cine de Outono. Miradas etnográficas 7




O sábado 9 de novembro iniciamos  a 7ª edición do ciclo de Cine de Outono. Miradas etnográficas, coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo na organización, selección e proxección dos filmes, gozaremos cunhas particulares viaxes excéntricas a través da mirada audiovisual de Jaime Prado, Xosé Reigosa, Andrea Vázquez, J.A. Blanco e Iban del Campo. 

As proxeccións serán todos os sábados de novembro ás 20.00 h. no Museo Etnolóxico, de balde até completar o aforo.

As viaxes excéntricas xogan coa xeometa, escapando da simetría e multiplicando os diferentes centros de interese. Poden chegar a destinos imprevistos, a realidades que superan o propio inicio do periplo, e obrigan a trazar novas hipérboles que achegan experiencias imprevisibles, pero que ao mesmo tempo poden resultar inesquecibles.
Hai que afastarse moitos anos e miles de quilómetros para identificar de xeito definitivo as identidades pasadas: anularse, case, na fin de todo, para reintentalo outra vez, Para empezar polo alfa. Para sentir. 
Ocorre nos cinco días de Kepa Junquera polo atlas dos entroidos da Galicia do Sur; nas dúas experiencias de Ruth Mathilda Anderson pola Galicia dos anos XX do pasado século, encargadas polo Hispanic Society de Nova lork; nos anos enchidos polo fotógrafo Baldomero Pestana, que marcha con 5 anos e regresa cando ten 90; na inmersión de Iban del Campo, viaxeiro accidental e curioso, nas procelosas augas do máis primario e agochado do ser humano.

Así que calculamos rumbo, escrutamos o tempo e movémonos pola escuridade do pasado. A lingua, a música, a imaxe e a palabra como resorte do patrimonio e como motor de identidade e alicerce da rebeldía. E descubrimos, unha vez máis, que estamos de volta no inicio da viaxe.

Sábado 9 de novembro, 20.00 h 
  A V IAXE DE RUTH
                   Dir. Jaime Pardo e Xosé Reigosa (España, 2018) 55 min.
  
Entre o 1924 e 1926, a fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson viaxou dúas veces a Galicia en nome da Hispanic Society de Nova lork. Nesas viaxes tirou arredor de 5.500 fotografías de gran calidade, o que a xuízo dalgúns entendidos non ten parangón con ningún outro traballo da época. Realizaremos unha toma similar á das as instantáneas para descubrir canto cambiou Galicia en l00 anos.


Sábado 16 de novembro, 20.00 h 
  A IMAXE REB/VELADA 
Dir. Andrea Vázquez (España, 2015) 65 min.
 
En febreiro de 2008, a familia de Carmen e Toño recibe un correo electrónico moi sorprendente: logo de 40 anos de silencio,volven saber dun familiar lonxano. Unha viaxe documental sobre a figura de Baldomero Pestana, f otógrafo lucense que retratou a Vargas Llosa,García Márquez ou Pablo Neruda, entre outros.


Sábado 23 de novembro, 20.00 h 
  MAR  DE  TERRA 
Dir.  J.A .  Blanco (España,  2018) 60 min.
 
Unha visión personal e diferente dunha tradición, a do Entroido, que viaxa ao fondo das emocións. Acompañados do músico vasco Kepa Junkera e do seu acordeón, percorreremos os entroidos de Laza, Xinzo, Verín, Manzaneda, Santiago de Arriba (Chantada) ou Viena do Bolo .



Sábado 30 de novembro, 20.00 h  
GLITTERING MISFITS   
Dir. Iban del Campo (España, 2019) 74 min.
 
Unha viaxe a Nova lork permítelle a Iban del Campo coñecer a Dirty M artini e a Tigger!, estrelas do underground. A través da súa intimidade cotiá descubriremos os segredos dos night-clubs do chamado "Off- Off­ Broadway", e entenderemos por que seguen a ser os referentes do cabaret, 20 anos despois do seu apoxeo.

1 comentario: