Este é un resumo das dezaoito preguntas e respostas en relación ao coidado das coleccións
patrimonias durante a pandemia da COVID-19 que viñemos achegando nestes meses, encontraredelas todas no noso blog
coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.
Estas preguntas e respostas foron traducidas pola área de restauración do Museo Etnolóxico da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association, e aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico, e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.
Os puntos chave que temos que recordar namentres nos enfrontamos coa Covid-19 son:
1. Protexer á persoa.
Seguir o consello das autoridades de saúde pública, incluíndo a práctica do distanciamento físico. Se non se está preparado, considerar seriamente pechar a institución, aínda que non sexa requirido. Cando se reabra, seguir o consello das autoridades sanitarias para establecer que actividades son apropiadas e cómo protexer ao cadro de persoal e visitantes, particularmente cando o rebrote sexa unha posibilidade.
2. Usar o illamento para previr ou facerlle fronte á contaminación dos espazos da colección e os obxectos sempre que sexa posible. O virus desactivarase de forma natural entre seis e nove días. Debemos ter en conta, as solucións desinfectantes danarán moitos materiais patrimoniais.
3. Usar métodos que permitan as aplicacións controladas de solucións de limpeza e desinfección para superficies non patrimoniais, se isto fose requirido. Non esquecer que os desinfectantes escollidos deben estar aprobados polas autoridades sanitarias públicas.
4. Se a institución necesita pechar indefinidamente, debe facelo de maneira que proporcione unha adecuada seguridade, protección contra o lume, xestión de pragas e control ambiental, implementando as inspeccións regulares do exterior e do interior se é posible, incluíndo os espazos da colección e considerando por adiantado a resposta se se produciran outros tipos de emerxencias como lume ou filtracións de auga.

Zona de recepción de visitantes |
2. Usar o illamento para previr ou facerlle fronte á contaminación dos espazos da colección e os obxectos sempre que sexa posible. O virus desactivarase de forma natural entre seis e nove días. Debemos ter en conta, as solucións desinfectantes danarán moitos materiais patrimoniais.
Exposición temporal preparada para illamento |
3. Usar métodos que permitan as aplicacións controladas de solucións de limpeza e desinfección para superficies non patrimoniais, se isto fose requirido. Non esquecer que os desinfectantes escollidos deben estar aprobados polas autoridades sanitarias públicas.
Limpeza na área de reserva |
4. Se a institución necesita pechar indefinidamente, debe facelo de maneira que proporcione unha adecuada seguridade, protección contra o lume, xestión de pragas e control ambiental, implementando as inspeccións regulares do exterior e do interior se é posible, incluíndo os espazos da colección e considerando por adiantado a resposta se se produciran outros tipos de emerxencias como lume ou filtracións de auga.
O cadro de persoal de seguridade fai percorridos de control polas instalacións do Museo. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario