Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

lunes, 2 de marzo de 2020

Conversando sobre feminismo no Museo Etnolóxico. Marzo 2020


Neste marzo de 2020 conversamos sobre feminismo en homenaxe ás socias e socios da Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia que en 1972 celebraban un ciclo sobre “A muller na sociedade actual”, nun momento histórico no que o tema da muller non era habitual na programación das asociacións culturais galegas e o movemento feminista galego estaba aínda xestándose. Será en 1977 cando María Xosé Queizán publique o primeiro ensaio feminista en Galicia A muller en Galicia: a muller na sociedade galega: a lingua galega e a muller : (análise estrutural de dous métodos represivos)” editado por Edicións do Castro.

Nunha mostra documental exporemos a documentación conservada pola Agrupación ribadaviense en relación a este ciclo sobre a muller, no que participou entre outros e outras investigadoras María Xosé Queizán falando sobre a familia, tema fundamental na loita feminista.

Documentación conservada no Fondo Abrente 1972

 
Actualizamos os estudos, as investigacións e as loitas feministas, resaltando o seu percorrido histórico a través dos relatorios de María Xosé Queizán e Encarna Otero e a presentación do libro coordinado por Iria Vázquez en tres sesións ao longo do mes de marzo.

Venres 6 Marzo
20.15 h Inauguración da Mostra documental sobre o ciclo “A muller na sociedade actual” organizado pola Agrupación Cultural Abrente en 1972 en Ribadavia.

20.30 h relatorio de María Xosé Queizán "Feminismo: historia e actualidade”.

Xoves 12 Marzo
20.30 h relatorio de Encarna Otero Concepción Arenal e Juana de Vega: camiños de sororidade”.

Xoves 26 Marzo
20.30 h presentación do libro “Cómplices. A violencia machista institucional” coa presenza das autoras Iria Vázquez Silva e Lola Ferreiro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario