O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. A data para esta celebración ten unha historia máis alá da proclamación feita pola Asemblea Xeral da ONU o ano 1977. En USA o Día Nacional da Muller celebrouse o último domingo de febreiro dende 1909 ata 1913. En Europa a partir de 1911 o día elexido era o 19 de marzo, aludindo á Comuna de París. A consolidación do 8 de marzo ten que ver coa Revolución Rusa. En 1917, en plena Primeira Guerra Mundial, as mulleres rusas deciden manifestarse en favor da paz; a data elixida foi o 23 de febreiro do seu calendario de entón, isto é o 8 de marzo segundo o calendario gregoriano.
Hoxe, a celebración ten lugar nun grande número de países e mesmo prolóngase ao longo do mes con actividades para lembrar o respecto á igualdade da muller e o home á hora de desenvolver a súa vida como cidadás, traballadoras, creadoras, en definitiva como persoas.
Pois ben, podemos aproveitar unha iniciativa en liña ue se desenvolveu entre 2011 e 2016, na que coordinadas polo Ministerio de Cultura tiveron lugar seis edicións baixo a denominación «Patrimonio en Femenino», buscando visibilizar a presenza da muller nos máis diversos ámbitos a partir de bens mobles das coleccións dos museos.
En concreto, foron seis edicións: Patrimonio en Femenino; Ausencias y Silencios; Mujeres ante la adversidad: tiempos y contratiempos; Tradición y modernidad; Eros y Anteros: visiones sobre la sexualidad femenina e, finalmente La memoria femenina: mujeres en la historia, historia de mujeres, edición esta á que se uniron museos de Argentina, Brasil, Chile, Colombia, México, Portugal y Uruguay, amais de España.
Cada unha delas co seu correspondente catálogo en liña, descargable de balde, accede picando sobre os títulos de cada edición:
Visita o álbum completo das fotos de "Patrimonio en femenino" do Museo Etnolóxico no TABOLEIRO DE PINTEREST pica AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario