O Fondo Abrente depositado no Museo Etnolóxico non só contén un completísimo arquivo documental sobre a historia da agrupación cultural e unha colección de arte galego que forma hoxe parte do seu proxecto expositivo: "Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos 70'".
Tamén se conservan pezas singulares como esta multicopista ORMIG, chamada popularmente "vietnamita" e que hoxe podemos considerar como un obxecto de culto.
Unha copiadora de manivela dos anos 60 do pasado século moi utilizada como medio de propaganda e difusión de material impreso por asociacións sen recursos e fóra do réxime.Non só eran os tempos da dictadura, cun férreo control ideolóxico que impediu durante décadas a liberdade de prensa e de opinión, senón que eran os tempos sen internet, sen WhastApp, sen Twitter, cando estas máquinas portátiles e de uso sinxelo, conseguiron difundir á marxe dos canais oficiais a literatura clandestina considerada altamente subversiva: boletíns de partidos políticos, prensa e panfletos e voandeiras elaboradas por movementos cidadás, sindicatos e alumnado universitario.
Os textos preparábanse cunha máquina de escribir ou con tipos sobre unha matriz en papel encerado chamada “esténcil” que quedaba perforada, namentras que as alíneas e os debuxos facíanse con punzóns. Esta matriz pasábase baixo o rodillo da máquina previamente entintado e podía producir ata cen copias.
O uso da vietnamita facíase usualmente de noite, cando se imprimían as follas de man que logo se repartirían antes do amencer lanzándoas polas xanelas de vehículos particulares. Os espazos de difusión eran as propias rúas, centros das cidades, campus universitarios, tamén concertos ou actividades nas que se supoñía unha gran asistencia de xente.
Enlaces con información:
No hay comentarios:
Publicar un comentario