Pilar Vilaboi Freire filóloga, escritora e bibliotecaria na Fundación Penzol de Vigo, neste artigo fainos un achegamento a algunhas das tradicións festerias de Galicia no mes de maio, relacionando estas festividades coa cultura popular: refráns, lendas, cantigas e demostrando como esas festas persisten no imaxinario popular. Este maio de 2020 en confinamento, por motivo da COIVD-19, non impide que lembremos estas tradicións. Aquilo que se lembra sempre permanece.
Nesta entrada colocamos un pequeno extracto convidámosvos a ler o artigo completo, podedes descargalo ou consultando premendo nos enlaces:
A QUEN FESTEXAMOS NO MES DE MAIO
Pilar Vilaboi Freire
Maio debe o seu nome á deusa romana Maia e tamén se lle coñece polo mes de Antón: San Antón pon o sol pra que seque o meu lenzol. Maio é un mes de moito traballo para o labrego, de aí expresións como estar amaiado ou andar co maio ao lombo, por estar canso e baldado de traballar.
Nesta entrada colocamos un pequeno extracto convidámosvos a ler o artigo completo, podedes descargalo ou consultando premendo nos enlaces:
Descarga peme AQUÍ Consulta preme AQUÍ |
A QUEN FESTEXAMOS NO MES DE MAIO
Pilar Vilaboi Freire
Maio debe o seu nome á deusa romana Maia e tamén se lle coñece polo mes de Antón: San Antón pon o sol pra que seque o meu lenzol. Maio é un mes de moito traballo para o labrego, de aí expresións como estar amaiado ou andar co maio ao lombo, por estar canso e baldado de traballar.
Non vou falar da festa dos Maios, a principios do mes, festa lúdica do ciclo anual de orixe pagá coincidente co comezo da floración e a entrada de primavera, porque poderiamos dedicarlle só a estas festas outro artigo máis. Prefiro falar doutras tradicións do mes, coma o costume de poñer na noite do último día de abril unha rama de xesta ou flor do maio como protección nas portas das casas, nos barcos e nas cortes para que non lles poida entrar o maio nin coller o meigallo. En Ribadavia chámanlle a este feito maio espantameigallose nalgunhas zonas do Baixo Miño chámanlles maios ás xestas. Tamén a finais de abril, por terras de Noia, para protexer os campos e ter boa colleita, facíase o ritual de alumear as leiras.
Foto Rosiña Rojo. Barrio Xudeu de Ribadavia 2020 |
O 3 de maio tamén se celebra na igrexa galicana a santa Cruz, voz do latín Crux, crucis, que evoca a morte de Cristo na cruz. Coa reforma do calendario litúrxico pasou a celebrarse o 14 de setembro, ata que se suprimiu a de maio. Pero en Galicia segue sendo a máis común a Cruz de maio, se cadra por permitir unha continuación da festa dos maios. A Santa Cruz é titular de 33 parroquias galegas e patroa dos concellos da Bola, A Peroxa, Barbadás, Laza, Leiro, Melón, Ourense e Pereiro de Aguiar entre outros. Exemplo de tradición oral é O día de santa Cruz vai ver se a túa viña reluz; ou estoutro que di Pola santa Cruz de maio o lobo e o corvo nado e o raposo medio criado; e tamén a cantiga que alude á romaría agrícola do santuario de Santa Cruz de Aranga na comarca de Betanzos: Verdadeira Cruz de Aranga / está no seu camarín posta; / está mirando os seus romeiros / como lle soben a costa. Nesta romaxe os romeiros levan en botellas auga da fonte para abeizoar os campos.
Foto Santiago Garrido. Cruceiro en Berdeogas (Dumbría) #aculturasegue #euquedonacasa #aculturagalegasegue |
No hay comentarios:
Publicar un comentario