Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

miércoles, 27 de mayo de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 13ª PARTE

Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.


Décima terceira pregunta:


Como podemos asegurar que as coleccións permanecen seguras cando a institución está pechada indefinidamente con pouco ou ningún persoal técnico no seu posto? Parte II. [Iluminación e condicións medioambientais]. 
Seguimos coas pautas de mantemento do edificio e as coleccións.


Apagar ou bloquear as luces nas salas de exposicións é o que facemos cada día cando pechamos o Museo, polo tanto, podemos revisar se os procedementos normais son suficientes neste contexto. Entón, podemos proceder a bloquear todas as luces nas salas de exposición agás as que sexan necesarias por cuestións de seguridade.



Exposición Seguindo o fío. As luces das salas permanecen apagadas se non hai persoal. 




“Arquivo sucio” de material fotográfico. Esta sala de reserva está aclimatada coa axuda dun deshumidificador que se enche cada dous días en temporada de inverno. O persoal de vixilancia encárgase do valeirado.


Xestionar as condicións medioambientais.
Diminuír a tasa de intercambio de ar cando sabemos que hai menos xente podería achegarnos un ambiente mais estable e menos pulverulento nos espazos con co- leccións, non obstante, profesionais en sistemas de climatización suxiren para os espazos de traballo cando o persoal está presente de maneira regular, incrementar a ventilación do ar exterior e un uso menor do ar que circula dentro. En edificios novos, estos sistemas poderían ser monitorizados e axustados en remoto.



Se se usa equipamento portátil, como deshumidificadores, para manter as condi- cións ambientais, hai que dotalos de mantemento continuo ou considerar apagalos, en particular, se son propensos a funcionar mal ou a producir goteos. Consideraremos diminuír o punto de axuste da temperatura uns poucos graos se se pode facer sen incrementar o risco de formación de fungos. Unha temperatura máis baixa ralentiza as tasas de degradación, reduce a actividade de pragas e aforra o custo de calefacción, pero se existe preocupación polos mofos hai que asegurar unha adecuada ventilación.

#aculturasegue  #CovidEPatrimonio #aculturagalegasegue

No hay comentarios:

Publicar un comentario