Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

viernes, 22 de mayo de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 12ª PARTE

FACÉNDOLLE FRONTE AO PECHE E Á reAPERTURA (capítulo 3)

Duodécima pregunta:


Como podemos asegurar que as coleccións permanecen seguras cando a institución está pechada indefinidamente con pouco ou ningún persoal técnico no seu posto? Parte I. [Seguridade]

Moitos coidados de conservación preventiva das coleccións dependen da presenza regular de personal técnico e de seguridade. Cando esta presenza é interrompida, poden incrementarse algúns riscos sobre as coleccións e outros poden ser máis intensos. Que podemos facer?

En primeiro lugar, manter a seguridade. 
Unha boa seguridade é vital durante un período de tempo longo do peche. A delincuencia pode aproveitar a redución da presenza do cadro de persoal e as situacións de incertidume económica. 

Deben seguirse as seguintes pautas:

*verificar que os protocolos de seguridade e os sistemas de monitorización se manteñen.

*Confirmar que as portas e as ventás do edificio están pechadas con chave e que os sistemas de detección de intrusimo e de lume funcionan adecuadamente.

*Asegurar non só os obxectos da colección senón tamén obxectos valiosos, como a caixa dos cartos, ordenadores, portátiles e outros equipos electrónicos que poden ser atractivos.

*Protexer documentos importantes, asegurando que oficinas e despachos permanecen ordenados e que a información sensible está fóra.

*…e por suposto, asegurar a colección: identificar os artefactos que poidan ser vulnerables ao roobo nas salas de exposición e nos espazos de traballo e considerar devolvelos á sala de reserva se isto é mais seguro.

*Manter unha presenza regular no lugar e no perímetro exterior, chequeándoo diariamente, se é posible, para identificar problemas e iniciar accións correctivas rapidamente.

*Mostrar que o edificio está sendo monitorizado.

*Documentar todas as entradas ás instalacións.




Zona de monitorización das salas, tanto de exposicións como de traballo e de investigación. As cámaras permanecen acesas todo o día, tamén durante o confinamento pola Covid-19.



Aplicación para móbiles desde onde se controla a sala de reserva do Museo Etnolóxico. 


Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.


No hay comentarios:

Publicar un comentario