Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

jueves, 14 de mayo de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 4ª PARTE

Seguimos achegando as preguntas e respostas expostas por Irene Kartsten na súa conferencia en liña, accesible nesta enlace AQUÍ. Desde a sección de conservación e restauración do Museo Etnóloxico aplicamos á coxuntura da nosa institución patrimonial.

Todos os artigos deste blog adicados a esta temática están agrupados na etiqueta: COVID E PATRIMONIO.

Cuarta pregunta:


As coleccións e os bens culturais deberían ser desinfectados debido á Covid-19?

Non é recomendable desinfectar as coleccións patrimoniais. As solucións que se empregan para desinfectar conteñen alcohol, lixivia e outros tipos de químicos que poden danar moitas das superficies dos bens culturais. Aínda que algunhas solucións poidan ser apropiadas para algúns materiais, como por exemplo, a solución de 70% de etanol nalgunhas superficies de metal, o seu uso inapropiado pode producir danos permanentes e aínda non ser válido como desinfectante. Sempre se debe consultar a unha persoa profesional antes de facer ningún tratamento deste tipo. 

No lugar disto, recoméndase a corentena das coleccións. Se hai risco de transmisión do virus á xente por obxectos contaminados débese esperar ata que se desactive de maneira natural nas superficies antes de manipular os obxectos ou reanudar operacións con eles ata que pasen entre 6 a 9 días.

Limpar con solucións suaves de deterxentes seguido de neutralizacións pode ser un método apropiado para superficies de bens culturais que non son tratados con frecuencia e tamén para coleccións didácticas, que son moi manipuladas. Pero veremos que Limpar non é Desinfectar.


Sala de reserva, zona habilitada para á corentena de pezas


Na sala de reserva do Museo Etnolóxico hai unha zona habilitada para a corentena de pezas de novo ingreso ou con ataque biolóxico. Esta zona pódese dedicar tamén a obxectos contaminados polo virus que orixina a Covid-19.



Sala de reserva, zona de corentena de pezas

As pezas deben permanecer un tempo non inferior a nove días sen manipular e convenientemente identificadas.


As pezas en corentena deben estar identificadas



#aculturasegue #euquedonacasa #aculturagalegasegue
#CovidEPatrimonio

No hay comentarios:

Publicar un comentario