Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

domingo, 17 de mayo de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 10ª PARTE

Décima pregunta:

Que desinfectantes son apropiados para as superficies non patrimoniais nas instalacións e nos interiores das institucións culturais? Parte III

As solucións de alcohol en auga son outra opción sempre e cando a concentración de alcohol esté por encima do 70% por volume. Pode usarse alcohol etílico (ethanol) ou alcohol isopropílico (rubbing alcohol). A potencia do alcohol isopropílico vendido nas farmacias é normalmente do 70% ou do 90%. Un isopropílico ao 90% pódese diluír en auga para ampliar o uso. O etanol de alta concentración (etanol puro ou grain alcohol), que se vende nalgunhas tendas de produtos químicos necesita estar polo menos nun 70% de concentración para ser efectivo.
Hai que tentar evitar e ter moito coidado co alcohol desnaturalizado que se vende en grandes tendas de bricolaxe ou ferreterías, porque os elementos desnaturalizadores, o metanol ou a butanona, son moito máis dañiños para a saúde humana que o etanol só. 

Os tempos de contacto de 30 segundos aparentan ser efectivos contra os coronavirus. Os alcoholes están recomendados para a limpeza de superficies electrónicas polos CDC (Centros para o control e prevención de enfermidades). Non obstante, é necesaria moita precaución se se necesita desinfectar superficies de acrílico ou plexiglás porque poden craquelarse, e o uso de alcoholes deben evitarse en superficies con acabados de madeira porque son moi sensibles ao alcohol.





Espazo para traballar con documentación gráfica no Museo Etnolóxico onde hai varios postos con escaner e ordenadores. 




Alcohol comercial. Unha dilución deste alcohol, (70 ml de alcohol e 30 ml de auga nun dispensador de 100 ml) é apta para desinfectar superficies. Aconséllase utilizar alcohol isopropílico para aparatos electrónicos. 
Recordar que os xeles hidroalcohólicos son unha alternativa para a desinfección de mans cando non hai acceso á auga e xabón. Non se deben limpar superficies con xeles hidroalcohólicos posto que levan aditivos na súa composición que son difíciles de retirar.

Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.




#aculturasegue  #CovidEPatrimonio #aculturagalegasegue

No hay comentarios:

Publicar un comentario