As institucións que custodian o patrimonio cultural enfróntanse a grandes retos namentres o mundo lidia ca Covid-19. As coleccións non están directamente en risco, pero a pandemia complica o seu coidado. Dende a conferencia en liña realizada pola Ontario Museum Association, Irene Karsten comparte comparte información e recomendacións recompiladas do Canadian Conservation Institute para axudar aos reponsables das coleccións.
No Museo Etnolóxico limos e escoitamos as recomendacións e presentámosvolas traducidas con algúns exemplos aplicados á situación da nosa institución.
Debido ás circuntancias actuais, esta información pode mudar e que debemos estar constantemente pendentes de actualizacións.
Vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten
Irene Krasten trata a súa conferencia en liña formulándose e respondendo a varias preguntas, utilizamos a súa metodoloxía, incluso a súas palabras tanto para as preguntas como para as respostas, o que sí facemos despois e aplicar as súas respostas as distintas situacións do Museo Etnolóxico.
Iremos colocando as preguntas e respostas en diferentes entradas deste blog, coa etiqueta: COVID E PATRIMONIO
CONTAMINACIÓN DOS MATERIAIS DA COLECCIÓN
Primeira Pregunta
Pode a Covid-19 ser transmitida a través de obxectos da colección ou polas superficies das institucións culturais?
Pode a Covid-19 ser transmitida a través de obxectos da colección ou polas superficies das institucións culturais?
De acordo coa OMS, as persoas poden infectarse polo contacto con obxectos ou superficies contaminadas co virus e despois de tocar os ollos, o nariz ou a boca. Igualmente, se unha persoa infectada toca ou tose sobre un obxecto patrimonial, este pode quedar contaminado co virus.
Sala exposición "Seguindo o fío" |
Exposición “Seguindo o fío”. As pezas da colección están dentro de vitrinas. De estar contaminadas, polo virus o que é altamente improbable posto que o centro leva pechado dende o pasado 14 de marzo, o risco de contaxio é moi baixo. Do mesmo xeito, persoas infectadas non poden tocar os bens.
Taller de restauración |
Taller de restauración: os espazos de traballo compartidos son susceptibles de transmitir o virus. Será preciso planificar medidas de seguridade no traballo.
Isto é extrapolable aos traballos do resto de persoal técnico que comparten oficina ou investigadores/as na Bilbioteca do Museo.
Sala de consulta da Biblioteca |
O problema da área recepción
No hay comentarios:
Publicar un comentario