Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

viernes, 8 de mayo de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 2ª PARTE

Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association,  aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.

Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.


Segunda pregunta


Canto tempo persiste o virus que provoca a Covid-19 nas superficies?


O virus está envolto nunha membrana con picos de glucoproteínas. A súa dobre capa grasa degrádase cuando se seca e se expón ao ar. A información sobre a persistencia do virus da Covid-19 está aínda desenvolvéndose e as guías actuais baséanse en investigacións previas sobre outros coronavirus como o SARS. Neste atopouse unha perda de efectividade despois de seis días e quedou prácticamnete inefectivo despois de nove días a temperatura ambiente. 

Porén, estes datos poden cambiar na medida que se estude o comportamento do virus que provoca a Covid-19. A persistencia do virus pode variar segundo as características da superficie dos bens e a presenza doutros contaminantes (como por exemplo, o po). Tende a durar máis e trasmitirse con maior facilidade en superficies lisas como as dos metais e plásticos duros que sobre superficies porosas como papel e tecidos.


Sala de reserva de indumentaria


A colección de indumentaria na sala de reserva, en condicións normais, os tecidos están gardados e pechados en dispositivos ignífugos. Este fondo non está accesible ao público, só a investigadores/ras. A posible incidencia do virus é mínima.



Sala exposición Taller de encadernación


Na sala de exposición temporal con pezas de ferro pertencentes a un taller de encadernación. A sala é a saída natural dos visitantes do Museo. Unha vez aberto ao público o Museo, débese facer especial fincapé en que as visitas non toquen as pezas, polo que habería que reforzar o labor da vixiancia neste sentido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario