Poden os espazos de traballo desinfectarse de maneira segura?
Si, é posible desinfectar dunha maneira segura os espazos de traballo sen bens culturais. Superficies das mesas, estanterías ou escritorios que se usan para traballar con obxectos das coleccións ou con documentos de arquivo de xeito continuado necesitan ser limpados e desinfectados regularmente.
As superficies duras son as máis doadas de desinfectar, tamén nas que o virus persiste máis tempo e onde hai unha concentración máis alta de transferencia.
Os compoñentes dos desinfectantes e os seus métodos de aplicación como humectar, nebulizar ou pasar un pano deben compatibilizarse coas superficies onde van ser aplicados, testando, en primeiro lugar, para comprobar os efectos dunha sobre-diseminación ou goteo cerca dos espazos patrimoniais.
Limpar e desinfectar non debería deixar residuos potencialmente perigosos sobre superficies como mesas de lectura ou andeis de dispositivos de almacenaxe que poideran estar en contacto cos bens culturais.
Aínda que os produtos comerciais se poidan usar, os efectos dos aditivos e colorantes dalgúns disolventes poden ser problemáticos. Hai que asegurarse de que se seguen as instrucións de neutralización, que son normalmente pasar un pano con auga limpa despois do tempo de contacto requirido. A forma máis fácil de evitar residuos é usar solucións simples que se poden preparar no domicilio.
Espazo de traballo para persoal técnico: mesa, cadeira e equipos electrónicos precisan desinfección diaria.
Espazo de traballo para persoal técnico: mesa, cadeira e equipos electrónicos precisan desinfección diaria.
Parte do taller de restauración, onde o tratamento con bens culturais obriga a ser mais coidadosos co uso dos químicos. Neste caso, cómpre limpeza diaria de superficies de traballo.
Todas as preguntas e respostas son tiradas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association, aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.
Todas as preguntas e respostas traducidas desde a área de Conservación e Restauración e aplicadas ao Museo Etnolóxico, en relación ao coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.
#aculturasegue #CovidEPatrimonio #aculturagalegasegue

No hay comentarios:
Publicar un comentario