Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

miércoles, 20 de mayo de 2020

Reinicio da actividade presencial 20 de maio


                                                                      HORARIO:
                                                      Martes a sábado de 10.00 a 20.00
                                                    Domingos, luns e festivos pechado

Segundo as fases de desescalada decretadas pola autoridades, con motivo da pandemia da Covid-19, nesta semana do 20 de maio en Galicia, estando na Fase 1, prodúcese o reinicio das actividades presensenciais nos centros culturais: arquivos, bibliotecas e museos, sempre cumprindo as medidas de hixiene e seguridade e as normas establecidas pola Xunta de Galicia no "Protocolo polo que se establece o reinicio da actividade presencial dos arquivos, museos e bibliotecas de xestión da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e se establecen medidas preventivas fronte ao COVID-19" publicado no DOG nº 96 do 19 de maio de 2020.


De acordo cProtocolo para o reinicio da actividade presencial dos Museos xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo, aprobado nxuntanza do Centro de Coordinación Operativa do 16 dmaio de 2020as persoas que accedan ás instalacións do Museo deberán adoptar as medidas adecuadas para protexer a súa saúde e evitar contaxios, entre elas:

                                                                 NORMAS DE ACCESO

1.-cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias
2.- levar máscara
3.- desinfectar as mans ou as luvas con solución hidroalcólica o desinfectantes con actividade virucida á entrada do Museo
4.- manter unha distancia mínima de seguridade de dous metros, tanto entre as perosas visitantes como respecto do persoal do centro
5.- a capacidade máxima do Museo Etnolóxico é de 7 persoas
6.- teranse en consideración as necesidades das persoas con algún tipo de discapacidade
7.- non está permitido tocar calquera elemento da museografía
8.- a visita será individual (entendida, non como unha única persoa, senón como unha familia ou unha unidade de convivencia)
9.- non está permitida a reserva de grupos
10.- as/os vixilantes de sala contribuirán á fluidez da visita e lembrarán ás persoas visitantes a necesidade de cumprir as pautas establecidas, tanto nas zonas de circulación como nas salas de visita
11.- as/os visitantes deberán atender ás indicacións do persoal do Museo
12.- a atención ao persoal investigador será preferentemente de forma telemática. No caso de que sexa absolutamente imprescindible, a atención presencial farase logo de cita previa: 
   teléfono 988788720, correo electrónico mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal
13.- os materiais á disposición das persoas usuarias (folletos, guías, etc.) serviranse baixo petición ao persoal do museo e tralo seu emprego depositaranse na papeleira situada ao efecto na saída do Museo
14.- caso de precisar depositar mascaras ou luvas, ou calquera outro obxecto de uso persoal, farase na papeleira situada ao efecto na saída do Museo
15.- toda a documentación ou materiais aos que accedan as persoas investigadoras de forma presencial deberán quedar nunha corentena de 10 días como mínimo antes de ser empregados de novo
16.- non está dispoñible o servizo de consigna
17.- non están abertos os baños para uso das persoas visitantes e/ou usuarias do Museo
As persoas visitantes e/ou usuarias teñen á súa disposición, baixo demanda, un exemplar do Protocolo para o reinicio da actividade presencial dos Museos xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario