DESINFECCIÓN Das COLECCIÓNS E Das INSTALACIÓNS CULTURAIS
Sexta pregunta:
Unha persoa infectada con Covid-19 estivo traballando no noso espazo. Que debemos facer?
En primeiro lugar, seguir as guías do Ministerio ou da Consellería de Sanidade para persoas que estiveron en contacto con infectadas/os ou compatiron espazos con elas. Despois, seguir esas mesmas guías para limpeza e desinfección dos espazos contaminados [non superficies dos bens culturais] que foron tocadas ou aos que tivo acceso a persoa infectada.
Repitamos: non é recomendable desinfectar as superficies dos bens culturais, só as superficies comúns.
Pódese empezar por pechar as áreas que foron usadas pola persoa infectada e incrementar a circulación do ar. Logo, limpar e desinfectar e esperar alomenos 24 horas para permitir que os aerosoles se depositen sobre as superficies.
O primeiro paso, a limpeza, remove o pó e a carga de virus e bacterias nas superficies o que fará a desinfección mais efectiva. Polo tanto, limpar permite supoñer algunha protección.
Desinfectar a miúdo supón a aplicación dunha solución que desactiva algún patóxeno que permanece despois da limpeza. Para iso, hai que levar equipos de protección persoal para protexerse do desinfectante igual que do virus.
Se xa pasaron máis de sete días desde que a persoa infectada estivo no edificio non se require limpeza nin desinfección adicional. Se nos preocupa o uso de desinfectantes no espazo da colección a alternativa pode ser formular unha corentena no espazo completo dunha semana a nove días.
Imaxes da entrada ao Museo Etnolóxico, na planta baixa do edificio. Esta é a área mais sensible á contaminación polo virus da Covid-19.
Nesta sala traballan habitualmente tres vixilantes e dúas persoas de seguridade por quendas de mañá e tarde. O espazo físico é limitado, posto que en planta ten unha superficie de 25 metros cadrados.
Ademais do reducido espazo, que imposibilita manter unha distancia de seguridade de 2 m é tamén a zona de recepción de visitas e proveedores.
Entrada de visitantes |
Esta zona común non patrimonial debe someterse aos procedementos de limpeza e desinfección que procedan ante a sospeita de contaminación por Covid-19.
Recepción de visitantes |
Enlaces de interese:
No hay comentarios:
Publicar un comentario