Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association, aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.
Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.
Undécima pregunta:
Suxírese tamén a limpeza diaria do mobiliario da institución que é probable que sexa moi tocado, como os pasamáns e os pomos, instruíndo ao persoal de limpeza que teña coidado ao traballar ao redor do material patrimonial e que consulte con un conservador antes de desinfectar.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.
Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.
Undécima pregunta:
Deberían retirarse os obxectos patrimoniais, como obras de arte, bens arqueolóxicos, etnográficos ou documentos, das salas que necesitan ser desinfectadas?
Retirar os obxectos culturais da súa localización debido á preocupación pola Covid-19 non é recomendable na maior parte dos casos. Manipular e transportar obxectos das coleccións implica os seus propios riscos e os mesmos obxectos poderían potencialmente ser contaminados; as persoas que se ocupan da colección tamén poderían expoñerse á infección e ademais, algunhas estruturas do interior das institucións non poderían moverse de ningún modo.
O illamento dos espazos con obxectos da colección ou mobiliario durante unha semana a nove días seguido dunha limpeza regular é o método preferido para controlar a expansión viral. Se se necesitara o acceso a algún espazo mais rápido, requeriríase illalo 24 horas para permitir que os aerosois desinfectantes se depositaran e logo, limpar e desinfectar as superficies tocadas frecuentemente pero NON as patrimoniais, usando métodos de aplicación que se poidan controlar ben.
Nunha institución que custodia patrimonio é significativo que unha inadecuada manipulación dos obxectos sexa a principal causa de danos e alteración dos mesmos, principalmente durante un traslado.
Mobilizar a colección do Museo Etnolóxico require normalmente de accións programadas adaptadas a problemas específicos como son a determinación de dimensións, peso e forma das pezas, o deseño de rutas para os accesos, o persoal, e establecer os protocolos de movemento (mover os obxectos de un en un, o uso de luvas de protección, empregar as dúas mans ou contar con medios auxiliares). Estes procedementos son moi complicados cando o efecto da ameaza de contaminación das coleccións pola Covid_19 pode invalidarse cun adecuado illamento.

Na colección de tecidos do Museo, o risco de contaminación por coronavirus sería menor que o que debería soportar a indumentaria se tivera que someterse aos procesos de embalaxe individual que serían exixidos para o movemento deste tipo de fondos.
#aculturasegue #CovidEPatrimonio #aculturagalegasegue
#aculturasegue #CovidEPatrimonio #aculturagalegasegue
No hay comentarios:
Publicar un comentario