Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

lunes, 11 de mayo de 2020

COIDANDO DAS COLECCIÓNS PATRIMONIAIS DURANTE A COVID-19. 3ª PARTE

Terceira pregunta:

Canto tempo persiste o Coronavirus no ambiente?

Estudos sobre a Covid-19 e outros virus similares indican que as condicións ambientais como a HR (humidade relativa), a temperatura e a presenza de radiación UV afectan á súa persistencia en superficies e os efectos son complexos, xa que sabemos que os estudos en laboratorio non están medidos cos mesmos parámetros que nas salas onde hai bens patrimoniais, mais podemos facer unhas observacións xenéricas:

 -temperaturas frías (en laboratorio) ao redor de 46ºC manteñen o virus, namentras que temperaturas altas, como 60ºC ou maiores fan que perda rapidamente virulencia. A contaminación obsérvase en salas frías ou aínda en cámaras de conxelación.

-Baixa HR (20 ou 30%) que é común en museos que non teñen problemas de humidade ambiental, (pero non os galegos), tamén prolonga a virulencia, pero pode reducir a transferencia superficie-superficie. 

-O pó, que aumenta nos ambientes secos, pode ser problemático como portador do virus.

-A radiación UV aparenta reducir a presenza do virus, pero os tests realizados despois da desinfección con este sistema non son o suficientemente exitosos como para recomendala para bens culturais.

Recordemos que o virus que provoca a  Covid-19 desactívase de maneira natural fóra do corpo humano.


Gráfica_1 sala exposición de olería



Gráfica_2 sala de reserva



Gráficas de HR e Tª no Museo Etnolóxico:

Na gráfica_1 correspondente á sala de exposición de Olería a temperatura é estable, sobre 18º C e a HR móvese no rango dos 50 aos 65%. Na gráfica_2 pertencente á sala de reserva, os datos son máis oscilantes, notándose unha baixa Tª e unha HR máis alta.



Sala exposición A olería en Galicia



Ante unha situación de contaminación ambiental por Covid-19, na sala de exposición sería sufi- ciente coa ventilación periódica de mesma. Todos os obxectos patrimoniais entán dentro de vitrinas, polo que se evitaría o contaxio por contacto. As visitas portarían en calquera caso máscara. Recordemos que os espazos con bens culturais NON SE DESINFECTAN.



Sala de reserva 


Na sala de reserva, os obxectos están ocupando dispositivos de almacenamento. A HR é bastante alta, polo que afectaría á virulencia do virus, que diminuiría. Esta sala non é visitable, e as persoas que traballan alí deberían de portar Epis adecuadas. Ante contaminación por virus, pódense desinfectar oficinas, chan e espazos sen colección na sala de reserva.




Todas as preguntas e respotas extraémolas da conferencia en liña de Irene Karsten que se pode escoitar e ver neste enlace AQUÍ.
Todos os artigos relacionados co coidado das coleccións patrimoniais durante a COVID_19 deste blog están agrupados baixo a etiqueta: COVID E PATRIMONIO.


#aculturasegue #euquedonacasa #aculturagalegasegue
#CovidEPatrimonio

No hay comentarios:

Publicar un comentario