Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association, aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.
Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.
Sétima pregunta:
Que desinfectantes son apropiados para as superficies non patrimoniais nas instalacións e nos interiores das institucións culturais? Parte I.
Poden usarse moitos desinfectantes nas áreas das institucións culturais onde non hai coleccións. No caso de ter pensado usar un produto doméstico ou comercial, primeiro hai que comprobar que foi aprobado para o seu uso contra o virus da Covid-19. O Goberno de España pon un listado a disposición das persoas usuarias, vai o enlace ao listado:
Para que o desinfectante sexa efectivo, débense seguir as instrucións do fabricante para o seu uso e aplicación.En primeiro lugar, hai que atopar un desinfectante que sexa compatible coas superficies, considerar as interaccións químicas así como os tempos de contacto, que dependen da concentración e do tipo de principio activo. Debemos pensar tanto na natureza do material como no acabado da superficie e non sería mala idea facer unha proba nunha pequena área antes de aplicar a toda a superficie un novo produto. Unha vez que se escolle o desinfectante hai que seguir todos os pasos para a súa aplicación, despois do tempo de contacto requirido, neutralizar como se indica nas instrucións.
Hai que recordar que estes produtos son apropiados para espazos sen colección (billeteiras, mostradores, cafeterías, oficinas). Necesitamos ter moito coidado coas coleccións das institucións culturais.
A área de recepción é un espazo público en contacto coa rúa. Chan, bancos, vitrina e mostrador son instalacións susceptibles de limpeza e desinfección diaria.
Área de recepción do Museo Etnolóxico |
A área de recepción é un espazo público en contacto coa rúa. Chan, bancos, vitrina e mostrador son instalacións susceptibles de limpeza e desinfección diaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario