Quinta pregunta:
Os desinfectantes de mans poderían ser usados por persoas que manipulan bens patrimoniais?
Lavarse as mans ou usar un desinfectante é altamente recomendable para reducir a transferencia da Covid-19. Lavarse as mans con auga e xabrón antes de manipular obxectos e documentos é unha alternativa aceptable alí onde as luvas poden non ser apropiadas. Os desinfectantes de man son unha forma alternativa de reducir a transmisión da enfermidade e foron aprobados como uso xeral contra a Covid-19 polos gobernos. Algunhas institucións poden prover de desinfectantes ó seu cadro de persal e visitantes, particularmente durante situacións de pandemia.
Os desinfectantes de man poden deixar residuos en obxectos e documentos que poderían eventualmente danar algúns materiais.
Manipulando un cliché de cámara fotográfica de principios do S..XX |
O persoal técnico que traballa directamente cos bens culturais no Museo manipula normalmente os obxectos con luvas de algodón, de latex ou de nitrilo. O uso deste tipo de material de protección está dispoñible para o persoal que precisa mostrar os bens, examinalos, medilos ou fotografalos.
Esta é unha medida estandarizada no centro, polo que en tempos de Covid-19 non será difícil mantela.
Todas as preguntas e respotas extraémolas da conferencia en liña de Irene Karsten que se pode escoitar e ver neste enlace AQUÍ.
Todos os artigos relacionados co coidado das coleccións patrimoniais durante a COVID_19 deste blog están agrupados baixo a etiqueta: COVID E PATRIMONIO.

No hay comentarios:
Publicar un comentario