Seguimos coas preguntas e respostas da conferencia en liña de Irene Karsten do Ontario Museum Association, aplicadas á nosa institución cultural e patrimonial, o Museo Etnolóxico e a súa casuística.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.
Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.
Novena pregunta:
A solución de lixivia doméstica é unha boa opción, posto que se vende con menos do 5% de hipoclorito de sodio.
O vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten podedes velo AQUÍ.
Todas as preguntas e respostas en relación o coidado das coleccións patrimonias durante a pandemia da COVID-19 encontraredelas no noso blog coa etiqueta COVID E PATRIMONIO.
Novena pregunta:
Que desinfectantes son apropiados para as superficies non patrimoniais nas instalacións e nos interiores das institucións culturais? Parte II.
Lixivia doméstica: cando non se indica a porcentaxe no envase ou se indica aproximada, a concentración adecuada é de 20 ml en 1000 ml de auga. (para máis exactitude, consultar a táboa debaixo)
Para desinfectar contra o virus da Covid-19 é necesaria unha solución de alomenos unha concentración do 0,1 % de hipoclorito de sodio aplicado durante un minuto. Isto é: 20 ml de lixivia por litro (en 1000 ml de auga) ou-5 ml en 250 ml de auga.
Solucións que van en concentracións máis altas, do 0,5 ao 1% poden considerarse cando os tempos contacto necesitan ser mais cortos, como por exemplo, 30 segundos. Tense que evitar o uso de lixivia concentrada porque libera residuos de cloruro de sodio na superficie que poden danar algúns materiais, comos os metais.
O uso de lixivia require boa ventilación, luvas e gafas protectoras e nunca debe misturarse con outros desinfectantes nen limpadores.
Para preparar a dilución séguense os seguintes pasos:
1. Comprobar o volume do noso pulverizador (100 ml, 200 ml, 500 ml, 1 litro).
2. Débese coñecer a concentración da lixivia en %.
3. Buscar na táboa o volume de lixivia para a concentración concreta.
4. Botalo no pulverizador valeiro.
5. Encher con auga ata o volume final (100 ml, 200 ml, 500 ml, 1 litro).
Débese preparar cada día. Aconséllase poñer a data no pulverizador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario