Chega xullo 2021 e chega a décima edición do ciclo de cinema: Marxes Fílmicas este ano faremos un percorrido polas marxes do cinema peruano.
A cita será na primeira quincena de xullo: luns 5, 
mércores 7, luns 12 e mércores 14  ás 22.00 h no patio do Museo 
Etnolóxico, até completar a capacidade, 
 de balde e en versión orixinal, coas medidas de hixiene e seguridade 
decretadas polas autoridades ante a pandemia da Covid-19.
Este ciclo, coma nas outras edicións, está elaborado polo Cine Clube Padre Feijoo de Ourense que tamén se encarga da proxección dos filmes. Como indican no seu blog a selección realizada, busca un híbrido representativo sobre os 
diferentes campos do cinema peruano: fórmula comercial, cinema de autor, filmes autoxestionados, xénero documetal e curtametraxes, con autoras e autores emerxentes e consagradas/os. "En base á selección destas catro cintas poderíase dicir que o cinema 
peruano de autor está a manter a tradición  de poñer en evidencia os 
problemas da sociedade e non se  encola ao discurso do mercado".
 
Luns 5 de xullo, 22.00 h.  
Bajo la piel (Perú, 1996) 110 min.
Dirixida por Francisco J. Lombardi. 
Un policía atípico, tímido e inseguro que rexeita a violencia é o 
encargado do posto de policía en Palle, unha vila do norte de Perú onde 
no pasado se desenvolveu a cultura dos Moches, o pobo máis sanguento da 
época Inca. A historia comeza cando se está a producir unha serie de 
crimes que seguen a tradición Moche. O policía, Percy, faise cargo da 
investigación contactando cunha patóloga española e cun profesor 
coñecedor da cultura Moche. As habilidades profesionais da patóloga 
puxeron a Percy no bo camiño do asasino. O contacto cada vez máis 
estreito entre a patóloga e Percy desata nel unha paixón amorosa e 
impulsos baixo a pel que non é quen de controlar. No entanto, a súa 
relación co asasino móstralle o lado escuro que todos levamos dentro 
durante millóns e millóns de anos.
Baseado nunha novela de Fiodor Dostoievski.
 
Mércores 7 de xullo, 22.00 h.  
Madeinusa (Perú, 2016) 100 min.
Dirixida por Claudia Llosa. 
Ambientada na vila ficticia de Manayaycuna ("a vila á que 
ninguén pode entrar" en quechua) nos Andes peruanos, a historia abrangue
 tres días na vida dos locais e dun foráneo de Lima. O foráneo non é 
benvido por mor de que a súa chegada cadrou co comezo do "Tempo 
Sagrado", un festival relixioso sincrético que vai desde o Venres Santo 
até a Pascua cristiá (festa moi interesante pola semllanza cos nosos 
entroidos).
Madeinusa é a historia dunha nena que vive nunha aldea perdida da
 cordilleira do Perú. Seguindo unha antiga tradición, os veciños desta 
aldea cren que, como Cristo está morto desde o Venres Santo até o 
Domingo de Resurrección, non os ve e, en consecuencia, durante ese tempo
 poden cometer calquera pecado sen remorso algún. 
Premios
2006: Festival de  Sundance: Selección Oficial (World Cinema)
2006: Festival de Rotterdam: Premio FIPRESCI
2006: Festival Mar del Plata: Mellor Película Latinoamericana
 
Luns 12 de xullo, 22.00 h.  
Las malas intenciones (Perú, 2011) 106 min.
Dirixida por Rosario García Montero. 
Cayetana, unha nena peruana de 8 anos, seica ten o mundo aos pés. Ela 
procede dunha familia de clase alta, e non lle faltan comida nin 
xoguetes, así como criados que a velan. A súa infancia ten lugar a 
principios dos anos 80 en Lima, cando a violencia terrorista comezaba a 
sacudir o país. 
Cayetana é moi intelixente, pero cunha personalidade 
algo escura. Os seus pais están separados. Despois de regresar dunha 
longa viaxe, a súa nai, Inés, dálle unha nova inesperada: está 
embarazada do seu novo mozo. Entón, o fráxil mundo de Cayetana 
derrúbase. A rapaza péchase no seu cuarto e declara que o día do 
nacemento do seu medio irmán será o día da súa propia morte. Só a súa 
imaxinación e a irrupción dos heroes nacionais dos seus textos escolares
 - Olaya, Grau, Bolognesi -, aos que admira, poderán salvala dun 
ambiente familiar cada vez máis alleo nun país ao bordo do colapso.
 
Mércores 14 de xullo, 22.00 h.  
Canción sin nombre (Perú, 2019) 97 min.
Dirixida por Melina León. 
O xornalista Pedro Campos (Tommy Párraga) investiga a misteriosa 
desaparición dun bebé acabado de nacer dunha muller de Ayacucho, 
Georgina Condori (Pamela Mendoza Arpi), que migra a Lima por mor do 
terrorismo que azota a súa rexión. Georgina busca axuda na comisaría e 
no pazo de xustiza sen atopala, mais chega ás oficinas do xornal local 
onde Pedro Campos toma o seu caso.