lunes, 1 de julio de 2019

Ciclo de cinema: Marxes Fílmicas 2019: Unha viaxe a Tunisia


Na oitava edición do ciclo de cinema: "Marxes Fílmicas", en colaboración co Cineclube Padre Feijoo  encargado da selección, xestión e proxección dos filmes, exploraremos un pouquiño do norte do continente africano, viaxaremos a Tunisia, ese pequeno país con pouco máis de 10 millóns de habitantes, segue tentando actualizar o seu camiño de progreso no social e no político.

Ás 22.00 h no patio do Museo Etnolóxico, até completar aforo, na primeira quincena de xullo (luns 8, mércores 10, luns 15 e mércores 17), de balde e en versión orixinal. 

Os primeiros minutos do cine africano na época Lumière foron rodados en Tunisia (polo operador de orixe alxeriana Félix Mesguich) e tamén a produción de Albert Samana Chikly, Ghézal, a filla de Cartago (1924), que está considerada a primeira longa de ficción do continente.

A crise política en Tunisia de 2010-2011, coñecida como a Revolución dos Xasmíns ou a Intifada de Sidi Bouzid, conqueríu o derrocamento do goberno autocrático de Zine El Abidine Ben Ali. Os medios de comunicación tomaron como data de inicio o venres 17 de decembro de 2010, cando o mozo universitario e vendedor ambulante Mohamed Bouazizi se queimou ao bonzo na devandita cidade de Sidi Bouzid para protestar pola acción da policía que, ao confiscarlle o seu posto de venda de froitas na rúa, condenárono ao paro e á miseria. Esta situación vai condicionar e influír no cinema de Tunisia e sobre Tunisia nesta última década do século XXI.

Na programación dos filmes dada as dificultades de conquerir algúns dos filmes seleccionados, reiteramos a nosa gratitude pola colaboración do Instituto Francés de Bilbao.

Luns 8 de xullo, 22.00 h.  
«Le Challat de Tunis»  (Tunisia, 2014) 90 min.
dirixida por Kaouther Ben Hania

Tunes, verán de 2003. Challat, un home en motocicleta cunha navalla de afeitar na man, axexa polas rúas. Dez anos máis tarde, despois da revolución, cando a verdade parece ao alcance da man, unha obstinada directora de cinema quere seguir a pista de Challat, decidida a descubrir o misterio custe o que custe.

Premios
2014: Festival Internacional de Cine de Amiens (Francia)
2014: Festival de Cine Franco-Árabe de Romainville (Francia)

Mércores 10 de xullo, 22.00 h.  
«Hedi» (Tunisia - Francia - Bélxica, 2016) 88 min.
dirixida por Mohamed Ben Attia 

Hedi é un mozo sinxelo: non fala moito e non espera demasiado dunha vida que xa ten. Indiferente a todo o que o rodea, acepta as cousas como aparecen: deixa á súa nai, autoritaria e dominante, organizar o seu matrimonio; que o seu xefe o envíe a Mahdia a semana da voda; e que o seu irmán maior, Ahme, lle diga como debería comportarse. En Mahdia atopa a Rim, unha animadora nun hotel de praia da que namora, mais os preparativos de voda seguen e Hedi debe escoller.

Producida polos irmáns Dardenne.

Premios
2016: Festival de Berlín: Mellor Actor e Mellor Dirección Novel.

Luns 15 de xullo, 22.00 h.
«Vent du nord» (Tunisia - Francia, 2017) 89 min.
dirixida por Walid Mattar

O norte de Francia. Trasladan a fábrica onde traballa Hervé. É o único traballador que o acepta porque desexa outro destino: converterse nun pescador e transmitir esta paixón ao seu fillo. Arredores de Tunes, onde se instalaron a fábrica. Foued, desempregado, cre que traballar na fábrica lle permitirá ter cartos para curar á súa nai e, sobre todo, conquistar á moza que ama. As traxectorias de Hervé e Foued son semellantes e reflíctense.

Mércores 17 de xullo, 22.00 h. 
«La belle et la meute» (Francia-Líbano-Noruega-Qatar-Suecia-Suíza-Tunisia,2017) 100 min.
dirixida por Kaoutcher Ben Hania

Durante unha festa de estudantes, Mariam, unha moza tunisiana, reúnese con Youssef e vai con el. Poucas horas despois, Mariam vira pola rúa en estado de shock. É o comezo dunha longa noite durante a cal debes loitar para facer valer os teus dereitos e dignidade. Pero como pode xustificar se está ao lado dos verdugos? Baseado en feitos reais, "A bela e a manada" é un retrato da impunidade.

"Unha película desgarradora e necesaria en só nove planos (...) Unha película que é unha montaña rusa emocional e un tratado sociopolítico nunha"
(Boyd van Hoeij, The Hollywood Reporter).





lunes, 10 de junio de 2019

Exposición: Fraguas dende o Museo Etnolóxico. Letras Galegas 2019


A Real Academia Galega adícalle o ano 2019 á obra e a persoa de Antonio Fraguas Fraguas (1906-1999), figura pertencente á xeración do Seminario de Estudos Galegos-SEG (1923) e autor centrado na investigación do folklore e da xeografía de Galicia. En diferentes ocasións puxo a súa mirada sobre o Ribeiro, comarca que coñecía ben pois tiña vínculos familiares, por vía materna, coas terras veciñas de Maside.
A exposición: "Fraguas dende o Museo Etnolóxico. Letras Galegas 2019" comisariada por Xosé C. Sierra Rodríguez consta de cinco paneis nos que se presentan varias facetas do homenaxeado: Fraguas folklorista e antropólogo, Fraguas xeógrafo, Fraguas e a percepción do cambio social e cultural e a visión da muller, Fraguas e os museos, Fraguas o Miño e o Ribeiro, así como unha mostra bibliográfica da súa obra escrita.


Foto da sala da exposición no Museo Etnoóxico




 
Foto da sala da expoxición no Museo Etnolóxico


Acompaña á exposición un folleto explicativo cunha reprodución facsimilar do artigo publicado, no nº 728 (1957) da revista "Vida Gallega", sobre a paisaxe do Ribeiro.

No folleto Xosé C. Sierra explica nunha nota:   

"Este artigo como a meirande parte dos publicados entre 1940 e 1975, está en castelán, lingua na que se instalan el e os outros autores de liñaxe galeguista pola presión política das autoridades franquistas e ante o medo interiorizado por aqueles que, como D. Antonio Fraguas, sufriron nas súas carnes e represión conseguinte ao levantamento militar de 1936. Fraguas utiliza o galego, nestes 35 anos, en escasas ocasións, unha delas en 1946 nun artigo publicado na Revista de Guimarães, editada nesta cidade do veciño Portugal. Antes de 1936 e despois de 1976 o galego é a lingua na que se instala o noso autor, coa excepción dalgún traballo condicionado por esixencias editoriais. Respectamos, pois, aquí o texto orixinal".

Folleto da exposición:

jueves, 30 de mayo de 2019

Exposición "IRUSU VILLE" da artista Iria Fafián


O venres 31 de maio ás 19:00 h inaugurase no Museo Etnolóxico a exposición "IRUSU VILLE" da artista IRIA FAFIÁN, que nos acompañará nese día para explicar a técnica e o concepto que hai detrás das obras. Esta exposición está incluída dentro das actividades organizadas polo festival UKP Day, que se celebra en Ribadavia o sábado 1 de xuño

Irusu é unha palabra xaponesa que define a situación na que unha persoa simula a súa ausencia cando alguén chama á porta...

"IRUSU VILLE" recrea un ambiente misterioso onde quen o visita, dende un punto de vista privilexiado, poderá ver e oír case todo o que está a acontecer.

A premisa desta proposta expositiva é expandir os límites da ilustración mediante a creación de imaxes que traspasen o marco bidimensional, coa intención de sumerxer ó espectador na atmósfera das imaxes. A instalación consiste nun percorrido por catro caixas de luz interactivas onde mistúranse elementos que non son propios do debuxo como a tridimensionalidade, a luz, o son, o tempo.

A AUTORA // Iria Fafián (Barcelona,1988)
Iria estudou Belas Artes, especializándose en ilustración e artes gráficas. Actualmente diversifica o seu traballo entre o muralismo e a ilustración editorial. Na súa obra persoal vemos unha marcada influencia de artes orientáis, tanto a nivel estético coma filosófico. Conceptos da pintura china, o mundo do Ukiyo-e xaponés, o teatro kabuki, o kamishibai e os relatos fantásticos da mitoloxía xaponesa inspiran moitas das súas creacións. No seu proceso creativo sempre está presente a investigación a nivel gráfico e a búsqueda dalgún resultado sorprendente. Irusu Ville é o seu último proxecto expositivo, no que traballou conxuntamente con Borja Freire, quen fixo o deseño sonoro e toda a parte electrónica.

lunes, 13 de mayo de 2019

Día Internacional dos Museos 2019 #DIM19


Cada ano desde 1977, celébrase no mundo enteiro o Día internacional dos museos ao redor do 18 de maio. Este día é a ocasión para concienciar ao público en xeral sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. O Comité consultivo do ICOM define o tema deste evento que, dado o gran número de países participantes, organízase nun día, un fin de semana, unha semana ou un mes enteiro.

O lema para este ano 2019 do Día Internacional dos Museos é: "Os museos como eixes culturais: o futuro da tradición", "creando tradicións que terán novos significados para as xeracións futuras".

Esta efeméride internacional tenta resaltar as funcións dos museos: recolección, conservación, comunicación, investigación, exhibición e especialmente a de servizo á sociedade e a súa diversidade.

O Museo Etnolóxico programou diferentes actividades ao longo deste mes de maio:

 
5 de maio 

19.30 Concerto. Trece cancións bonitas Germán Díaz e Benxamín Otero.


13 de maio

Traballando co futuro dos museos: talleres con escolares,
visita teatralizada e taller. 
 
14 de maio

Traballando co futuro dos museos: talleres con escolares,
visita teatralizada e taller de música con Isidro Novo.


16 maio  

20.00 h. Concerto de coro e conxunto instrumental organiza Conservatorio Profesional e Escola Municipal de Música de Ribadavia.


17 maio 
 
o Museo Etnolóxico na Romaría Raigame (Vilanova dos Infantes): as feiras tradicionais.


25 maio 
 

A visita en autobús con saída e chegada a Ribadavia e cunha parada en Ourense é de balde. Precísase inscrición previa.
Non se inclúen os gastos persoais e, de ser o caso, ao entrada ao centro que se vai visitar.
As e os amigos do Museo Etnolóxico teñen entrada gratuíta.


31 maio 

Actividades ao redor da astronomía e a cultura popular:

21.00 h: O coñecemento astronómico na tradición con Fátima Braña (antropóloga) Xosé C. Sierra (ex director Museo Etnolóxico) e Ana Ulla (astrofísica).

22.00 h: Petiscos baixo as estrelas.

23.00 h: O ceo ao alcance, observación dirixida por Dosi Veiga (Editor de Ceos Galegos).



As actividades do día 31 desenvolveranse no Club Náutico de Castrelo de Miño. Precísase inscrición previa. Prazas limitadas.
Haberá autobús para o desprazamento desde Ribadavia ata Castrelo de Miño, ida e volta. Precísase inscrición previa. Prazas limitadas.
Para máis información e para inscricións: 988 788 720 ou mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal.

Folleto #DIM19



lunes, 29 de abril de 2019

Concerto de Germán Díaz e Benxamín Otero: Trece cancións bonitas



Domigo 5 de maio ás 19.30 h no Museo Etnolóxico concerto de Germán Díaz e Benxamín Otero presentan o proxecto: Trece cancións bonitas´.

 


Iturri zaharretik
edaten dut,
ur berria edaten,
beti berri den ura,
betiko iturri zaharretik.

Joxean Artze

Da vella fonte
bebo,
bebo a agua nova,
a agua que sempre é nova,
da fonte que sempre é vella.

En Trece cancións bonitas Benxamín Otero e Germán Díaz, propoñen unha selección de cancións co sinxelo fío argumental de ser, ós seus oídos, bonitas... compositores coma Schubert, Satie, Galliano ou Clastrier, cancioneiros coma o de Inzenga ou o de Federico Olmeda, e melodías propias, compoñen o corpus ecléctico e accidental que conforma este personal concerto.

Instrumentos coma o óboe e o corno inglés únense ás sonoridades medievais da zanfona e a particulares instrumentos mecánicos coma o órgano de barbaria, o aurephone ou a caixa de música programable para os que Otero e Díaz perforan os seus propios cartóns con arranxos actuais para vellas melodías.

Foto de Gus Abreu

miércoles, 24 de abril de 2019

Exposición temporal: "Os xenerais do Ulla" fotografías de Miguel Ares

Ulla uns peculiares entroidos chamados “Os Xenerais do Ulla”. Trátase dunha jmanifestación lúdica na que uns xinetes vestid de xenerais, con vestimentas bastante rechantes percorren as parroquias da c

Do 15 de abril ao 3 de maio de 2019 exposición fotográfica de Miguel Ares: Os xenerais do Ulla

Todos os anos, entre finais do mes de xaneiro e principios de febreiro celébranse na comarca do Ulla, especialmente nos municipios de Teo, Boiqueixón, Vedra, Vila de Cruces, Touro, Bandeira, Silleda ou A Estrada, uns peculiares carnavales chamados Os Xenerais do Ulla. Trátase dunha manifestación lúdica na que uns xinetes -representando dous exércitos, un defensor e outro invasor- vestidos de xenerais e con atuendos bastante rechamantes percorren as parroquias da comarca dando vivas e saúdos a vecinanza.
Esta celebración non ten unha ascendencia clara. A súa orixe asóciaa co recordo das andanzas dos soldados franceses durante a Guerra da Independencia pero, observando o particular das súas vestimentas, tamén se pode falar das Guerras Carlistas. O certo é que nesta festa terminan fusionándose os elementos clásicos do carnaval cos propios de
Os Xenerais do Ulla.

A casa, a aldea e a parroquia, o campo da feira, pezas chave da estrutura rural, xogan un papel esencial no discorrer dos acontecementos. Polas casas pásase dando vivas na honra do cabeza de familia. A aldea, singularizada tanto no bar como no campo da feira -coa súa igrexa sempre presente-, lugares de encontro e celebración. E a parroquia, que durante estas festas son consideradas nacións independentes, como vínculo de unión entre territorial.

Os preparativos comezan no bar do pobo, onde os parroquianos atópanse e “aprovisionan”, mentres os xenerais, en casa dalgún veciño próximo, van dispoñendo as súas monturas e atavío.


Logo, os xenerais co seu abanderado, o seu correo e o seu centinela, aínda sen os seus tocados, dan unha volta polas aldeas limítrofes, dando vivas aos veciños. Mentres, na aldea onde se celebrarán os retos ou atranques, os parroquianos empezan a desprazarse, sen apuro, cara o campo da feira acompañando ás comparsas.
Os xenerais chegan montados ao campo da feira onde se lles espera con gran expectación. Alí os seus asistentes axúdanlles a colocarse os tocados: uns vistosos chapeus recargados de plumas de cores.

A continuación comezan os retos ou atranques. O correo do exército atacante chega ao campo da feira e baixo un arco feito de ramas, que simboliza a porta de acceso ao dominio do exército local, pide ao seu contrario paso franco, ao que este se opoñerá. 
Aparecerán entón os xenerais que darán inicio a unha disputa verbal a base de ripios, nos que se ironizará sobre asuntos en boga. Reinan o bo humor e a ironía. 
Tras unha serie de atranques baixo o arco, nos que os opoñentes se van intercambiando versos, terminan asinando a paz e todos acaban gozando dun día de festa no campo da feira.
Este xa é espazo para o carnaval tradicional onde podemos ver todo o catálogo habitual.

 
MIGUEL ARES é fotógrafo, dedicado á publicidade e á comunicación, así como á dirección de fotografía de documentais de carácter social. Con este traballo preténdese dar visibilidade e elevar a dignidade dunha manifestación cultural pouco coñecida fóra da comarca. 



 

martes, 2 de abril de 2019

Concerto de "La Musgaña"



Domingo 7 de abril ás 13.00 h

Museo Etnolóxico

concerto do grupo de música folk:

 La Musgaña

 



Coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo e do Conxunto Histórico de Ribadavia (AMECHIR) o domingo 7 de abril ás 13.00 h no salón de actos do Museo Etnolóxico en Ribadavia poderemos desfrutar da música tradicional do grupo La Musgaña formado por Carlos Beceiro, Jaime Muñoz y Luis Antonio Pedraza.
Tras 30 anos de carreira musical, La Musgaña preséntanos un novo directo que tenta resumir parte do legado musical que foi elaborando disco a disco, concerto tras concerto, revisando vellas cancións que xa son imprescindibles no repertorio do folk ibérico. 
Un amplo percorrido pola música instrumental e cancións da Meseta, profundando na esencia da súa riquísima tradición e desenvolvendo, mediante composicións propias inéditas, as posibilidades estéticas desta herdanza cultural infestada de mestizaxe. 
A Musgaña achegou a unha boa parte da Península así como a Estados Unidos, Inglaterra, Italia, Marrocos, Francia, Alemaña, Rusia e outros moitos países, a tradición musical de Castela e León, grazas a unha interpretación moderna e complexa, pero co respecto e fidelidade á tradición e cultura herdadas dos nosos antepasados.

jueves, 28 de marzo de 2019

Exposición: "Queremos saudArte dende o Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro"


O  xoves 28 de marzo ás 20.00 h no Museo Etnolóxico inaugúrase a exposición itinerante:
"Queremos saudArte dende o Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro" organizada pola Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Vigo e a colaboración do colectivo Medicina e Arte e da Asociación Camiño Miñoto Ribeiro, comisariada por Lourdes Maceiras.

O obxectivo desta exposición é mobilizar á xente dos concellos polos que pasa este Camiño, e visibilizalo a toda a sociedade galega, para que despois traspase as nosas fronteiras e se espalle a información polos camiños adiante; promocionalo para que sexa outro Camiño Xacobeo máis e con máis peregrinos dos que ten agora, e que todo isto sirva para mellorar a calidade de vida desta zona e dos seus habitantes; para que se consiga a declaración deste Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro como un dos Camiños de Santiago “oficiais ”; meta que é moi importante, tanto para estas comarcas, como para toda Galicia. 

 
Este Camiño existe dende moi antigo, aínda que non estea oficializado. Xa no ano 1783 o arcebispo de Santiago (que ía tomar as augas a Cortegada de Baños) pedíalle ao rexedor do Ribeiro que arranxara determinados puntos deste camiño para que puideran pasar mellor por el “peregrinos, viajeros y comerciantes”, como consta nos libros existentes no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, Municipal de Ribadavia (sito no Museo de Ribadavia).

No Camiño Miñoto-Ribeiro hai abondosos vestixios de Ordes Hospitalarias, sobre todo da de San Xoán de Xerusalén, ou Cabaleiros de Malta, e dos seus hospitais; así como de lazaretos, e de fontes de augas mineiro-medicinais utilizadas polos peregrinos enfermos.

miércoles, 2 de enero de 2019

Charla-visita guiada con Ángel López Soto á exposición "Himalaya: las montañas de Buda"




No Museo Etnolóxico en Ribadavia venres 11 de xaneiro ás 20.00 h o fotógrafo Ángel López Soto fará un visita guiada pola exposición: "Himalaya: las montañas de Buda" que se pode ver no Museo Etnolóxico. Con esta charla-visita clausurarase a exposición do fotógrafo Ángel López Soto.


exposición "Himalaya. Las montañas de Buda" no Museo Etnolóxico


PREMIOS E EXPOSICIÓNS DE ÁNGEL LÓPEZ SOTO: