Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

viernes, 24 de mayo de 2013

MAQUINA CORTADORA ZAGA (MUSEO ETNOLOXICO)



MÁQUINA CORTADORA
Ferro e madeira
Altura: 80 cm.; Anchura 42,5 cm.; Profundidade: 45 cm.
Inv. 2077


          Esta máquina consta de un banco rectangular de madeira en cuxa parte superior se instala unha peza metálica suxeita ao banco con dous parafusos. Leva dous rolos metálicos estriados que se accionan mediante unha unha manivela colocada nunha roda con tres radios nos que se insiren tres coitelas semicirculares. A roda leva un eixo que é a peza que engarza cos rolos.
          O funcionamento da máquina e sinxelo xa que cunha man se mete o producto a cortar entre os rolos estriados -que a empurran hacia as coitelas da roda- e coa outra se acciona a manivela para que as coitelas corten a materia.
          Máquinas agrícolas Zaga é un empresa de Irureta (Biscaia) creada en 1941 que se dedicou á fabricación dunha ampla gama de instrumental auxiliar para a agricultura e a gandaría, entre as que estaban as máquinas cortadoras para forraxe, verduras, etc.
Esta cortadora do museo podería tratarse dun modelo de finais dos anos corenta ou principios dos cincuenta do século XX xa que é un aparato practicamente idéntico a outro reproducido nun folleto publicitario-catalogado como "cortaverduras"- da marca ZAGA daqueles anos, aínda que obviamente podería ter sido fabricada posteriormente seguindo patróns anteriores. ZAGA adquiriu a patente dunha serie de máquinas cortadoras para feo, palla e forraxe o 16 de abril de 1969 e naquela patente o mecanismo construtivo destes aparatos coincide exactamente co desta cortadora do Etnolóxico que sen dúbida debeu utilizarse para torar unha boa variedade de produtos agrícolas.
En calquera caso se trata dunha máquina excepcional da que non deben quedar moitos exemplares e polo tanto unha das pezas máis orixinais e singulares custodiadas neste Museo.
Catalogación: Roberto Aneiros Gª.

Patente de cortadoras Zaga (1969)

miércoles, 22 de mayo de 2013

II XORNADA DE BIBLIOTECAS ESPECIALIZADAS NO MUSEO ETNOLÓXICO: “Conservación e difusión dos recursos documentais en bibliotecas especializadas"


II Xornada Bibliotecas especializadas:
“Conservación e difusión dos recursos documentais en bibliotecas especializadas"
                                                   5 de xuño de 2013

Conservación e difusión de recursos documentais van unidos a través da dixitalización, así o persoal das bibliotecas especializadas, caracterizadas pola diversidade de recursos documentais debemos coñecer os pasos e os mecanismos existentes para ir da conservación á difusión: desde as normas de  dixitalización á suba na rede dos recursos documentais.
Como participan e como poden participar as bibliotecas especializadas nos proxectos de dixitalización colectivos: bibliotecas dixitais, arquivos dixitais, repositorios, recolectores, para conseguir visibililizar, difundir e facer accesibles os nosos fondos tan interesantes como pouco coñecidos?

Dirixido a :
-Profesionais de bibliotecas especializadas e centros de documentación
-Profesionais de museos, arquivos, xestores culturales
-estudantes de biblioteconomía e documentación

Lugar:
Centro Comarcal do Ribeiro (Avda. Redondela, 3. 32400 Ribadavia. Ourense)

Inscrición gratuita
Prazas limitadas
Certificación de asistencia




martes, 14 de mayo de 2013

O MUSEO ETNOLÓXICO NO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS (18 DE MAIO DE 2013)

        Para conmemorar este día o Museo Etnolóxico preparou varias actividades, ao longo desta semana, que terán como centro de atención aos escolares do Ribeiro e nelas participarán arredor de cen estudiantes de primaria procedentes do CEIP de Quins (Melón), do CPI Tomás de Lemos (Ribadavia) e do CEIP Pena Corneira (Carballeda de Avia).

PROGRAMA

18 DE MAIO 2013 - DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
MUSEOS (memoria + creatividade) = PROGRESO SOCIAL

Mércores 15 DE MAIO: 10,00 H.
CONTACONTOS MUSICADO “OLA RÍOS OLA FONTES”
Miguel Alonso Diz e Xesús Andrés Tejada (músico)
Duración: 1 hora
 Ola ríos, ola fontes é unha achega a Rosalía de Castro dende a recreación dunha terra, a nosa, chea de poesía, maxia e música que pousa no corazón dos nenos imaxes onde a natureza e os animais da nosa terra teñen un lugar importante. A idea desta actividade é que os nenos coñezan a Rosalía dun xeito divertido, conxugando música, poesía recitada e unha peza de vídeo.
 Mércores 15 DE MAIO: 11,30 H.
O GALO QUIRICO E OS SEUS AMIGOS
Viravolta Títeres
Duración: 1 hora
Este espectáculo de marionetas con teatriño de cartón e música en directo basease nun texto de Bernardino Graña que fai unha versión do conto popular do Galo Quirico.

Xoves 16 DE MAIO: 11,00 H.
CONTACONTOS MUSICADO “OLA RÍOS OLA FONTES”
Miguel Alonso Diz
Duración: 1 hora

Sábado 18 DE MAIO
Os adultos que visiten o Museo acompañados dun menor de idade serán agasallados cun catálogo das coleccións do Etnolóxico.
Horario sábados: 11,00-14,30 h.