lunes, 26 de noviembre de 2018

Concerto presentación do libro-cd: "De mano en mano" de Luis Antonio Pedraza


Domingo 2 de decembro ás 13.00 h no Museo Etnolóxico concerto presentación do libro-cd de Luis Antonio Pedraza: "De mano en mano". a produción foi dirixida e realizada por Kepa Junquera.




Escribe Luis Antonio Pedraza sobre o seu libro-disco:


"A apaixonante viaxe que vou compartir contigo comezou cando só tiña once anos. A soas, na intimidade, ensaiaba cos primeiros instrumentos buscando o son da miña vida. Entón non alcanzaba a imaxinar que ese universo de notas sería o agasallo de personaxes como Isaías Fadón, o tío París, os irmáns Guillermo ou Amador García, entre outros moitos. Frautas, tamborís e outros instrumentos —regalo da natureza que os rodeaba— foron pasando de man en man por lendarios intérpretes que mantiveron viva a savia de nosas máis profundas raíces. Para algúns dos poboadores de Sayago, Aliste ou A Raia, aquela sería a única música en directo que escoitarían nos seus días. Hoxe, esa marabillosa melodía colectiva pasa polas miñas mans, antes de chegar ás seguintes". 

Nace en Blanes, Girona (España) en 1983, pero reside en Zamora desde moi novo onde comeza os seus estudos musicais con 7 anos no Conservatorio de Música de Zamora. Aos 12 anos comeza a estudar frauta pastoril de tres buracos e tamboril e percusión tradicional nas escolas de folclore de Zamora e Salamanca. Compaxina as súas actuacións musicais como multi- instrumentista (instrumentos de vento, corda e percusión tradicional) co labor de director musical da Asociación de Tamborileros Zamoranos (A. T. Z.). Actualmente, pertence ao afamado grupo de folk "A Musgaña" e colabora desde o 2003 con numerosos grupos e formacións.

Grazas á colaboración da Asociación de Amigos do Museo e do Conxunto Histórico de Ribadavia (AMECHIR)


Folleto

lunes, 5 de noviembre de 2018

Cine de Outono. Miradas etnográficas 6



Os venres de novembro de 2018 teremos a 6ª edición do Cine de Outono. Miradas Etnográficas reflexionaremos coa linguaxe do audiovisual de que maneiras o pasado está no presente, a través da visión de tres directoras: Roser Colella, Ana Domínguez e Olaia Sendón e dun: director Plácido Romero. Ademais de ver as súas obras audiovisuais tentaremos contar coa súa presenza para conversar sobre as súas obras e os procesos de creación.

As proxeccións serán de balde ata completar o aforo ás 20.00 h. no Museo Etnolóxico o venres 9, venres 16, venres 23 e venres 30 de novembro.
Moitas grazas pola organización, selección e proxección dos filmes ao Cineclube Padre Feijoo de Ourense e á colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia.
 
Venres 9 de novembro, 20.00 h
O tempo na Luparia
Dir. Plácido Romero (España, 2018) 66 min.

Unha visión emotiva dun concello da Galicia interior a partir dos acontecementos e vivencias de todo tipo ocurridas nos últimos trinta anos. A historia, a etnografía, a política, a pegada imborrable de Xaquín Lorenzo e a vida cotiá, sosteñen a súa existencia no tempo pero tamén o tempo que habita nelas, conformándoas e determinándoas. Reinventarase este mundo para sobrevivir nun mañá dominado pola tecnoloxía e a intelixencia artificial?
Aínda existe a ilusión e a esperanza dunha vitoria sobre o desalento.

 
Venres, 16 de novembro de 2018
GRAB AND RUN (ALA-KACHUU) 
Dir. Roser Corella ( España - Alemaña.2017) 85min. 

Desde a independencia en 1991, en Kirguizistán houbo un rexurdimento da tradición ancestral do Ala-Kachuu, que podería ser traducido como "agarra e corre". Máis da metade das mulleres no país son secuestradas por homes que seguen a tradición e acaban por casar con elas. A orixe desta práctica ten raíces antigas e, sorprendentemente, continúa nos tempos actuais. Aínda que o Ala-Kachuu foi prohibido durante a era soviética e o código penal vixente establece que é ilegal, a lei moitas veces non protexe as mulleres contra este abuso violento.
Premio ao Mellor Filme Etnográfico na 13 MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) do Museo do Pobo Galego 2017.

 
Venres, 23 de novembro de 2018
Os fillos da vide
Dir. Ana Domínguez (España,2017) 69 min.

Volvendo ás súas raíces, Ana Domínguez entra nunha xornada que vai desde o persoal ata o ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións; as viñas, a vendimia e o viño. Os ritmos, os ritmos da natureza e as tradicións en perigo de extinción, a través das paisaxes e os que as habitan, debuxan ese aspecto no que a etnografía e a emoción únense nunha revelación das correntes pagás e míticas da Bacchanalia:Festas populares, explosións de fertilidade e de vida.
Premio ao Mellor Filme Etnográfico Galego na 13 MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) do Museo do Pobo Galego 2017.

 
30 de novembro de 2018
A casa de Lola e AndrésDir. Olaia Sendón Ogando (España,2006) 34 min.

A memoria desaparece e o pasado non é máis ca un eco no espazo que o acolleu. Hoxe, estes ecos son diluídos nun espazo vítima da especulación inmobiliaria, salvaxe e irreversible. A Costa da Morte está á venda: baixo o pretexto de prosperidade económica, agóchase a emigración, a falta de industrias, a desintegración económica, a total falta de respecto á contorna.


Os fabulosos irmáns da luz
Dir. Olaia Sendón Ogando (España,2007) 17 min.

Espazos que noutrora foron cinemas, áchanse agora botados a perder ou desaparecidos. Serven, nesta obra, de espazo de proxección para imaxes que falan da vinculación do cine ás tecnoloxías, da intanxibilidade do material cinematográfico... e da maxia que o rodea.
Esta curta foi da man do proxecto fotográfico 'Derradeira sesión', de Manuel Sendón, recuperando a memoria dos cines desaparecidos na Costa da Morte.

Fisterra, carne de Safari
Dir. Olaia Sendón Ogando (España,2016) 25 min.

Xandre vai nacer, aínda que polo de agora é pouco máis ca un peixe na barriga da súa nai. Cando Xandre naza, descubrirá o mundo e o territorio que lle tocará habitar: Fisterra. Polo de agora non é outra cousa que retallos, pantasmas, contos. Un imaxinario fragmentado que só a experiencia da pertenza irá dando forma.
"Realmente, comecei a pensala moito antes, levaba traballando desde as primeiras películas que fixen, que trataban de recuperar a memoria da costa da Morte".

FOLLETO PARA DESCARGAR