Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

miércoles, 18 de julio de 2012

LEMBRAR NO MUSEO 2005-2011

                                

                              

O vindeiro 26 de xullo terá lugar a inauguración desta nova exposición temporal.
Lembrar no Museo 2005-2011 é unha exposición temporal que resume o traballo desenvolto ao longo de cinco anos con enfermos de Alzheimer.
Lembrar no museo é unha das actividades que forman parte de Museo Aberto e consiste nunha acción na que se colabora con AFAOR (Asociación de familiares de  enfermos de Alzheimer de Ourense) e na que se desenvolveron obradoiros de aprendizaxe e recuperación da memoria utilizando pezas do museo: libros, fotos, obxectos de todo tipo (xoguetes, bolsos, reloxos, etc.) na percura de contribuir ao benestar dos enfermos participantes e cumplir unha función social da que un museo non pode quedar fora.
A exposición consta dunha serie de plotters con fotografías dos obradoiros, con textos explicativos e se mostran tamén 20 pezas da colección do museo coas que traballaron os participantes na actividade (libros, xoguetes, bolsos, etc.).

FOLLETO DA EXPOSICIÓN

martes, 17 de julio de 2012

PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO COLECCIÓN VITIVNÍCOLA. MUSEO ETNOLÓXICO-RIBADAVIA



Acto de presentación: mércores 18 de xullo de 2012, ás 11h. no Museo Etnolóxico
O catálogo Colección Vitivinícola é o resultado dun traballo xestado desde finais do 2010 e que veu finalmente a luz neste ano 2012; en él preséntanse un grupo de pezas dos fondos etnográficos propios e relacionadas coa viticultura e vinicultura, estas pezas foron sometidas a un proceso de limpeza e restauración no ano 2009 e posteriormente desenvolvéuse o proxecto desta publicación.
Os textos desta monografía amosan fichas completas de cada unha das pezas que as contextualizan dentro das actividades vitícolas e tamén se inclúen os informes dos traballos de restauración realizados nestes fondos.
 A idea é que este catalogo sexa o primeiro dunha serie na que se vaian investigando e publicando os fondos do museo.
Datos técnicos do catálogo:

171 páxinas
Textos: galego, castelán e inglés.
Fotografías: Santi M. Amil
Deseño: Grupo Revisión (Barro Salgado Santana)
Coordinación do catálogo: Clara Fernández González
Textos: X. C. Sierra Rodríguez, Mª José Ruiz Vázquez, Clara Fernández G., Víctor Castro Carballal.
Edita: Xunta de Galicia