Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

miércoles, 6 de noviembre de 2013

CAMBIOS NA PROGRAMACIÓN DO CINE DE OUTONO NO ETNOLÓXICO

       O programa do Cine de Outono-Miradas etnográficas 2013 queda definitivamente establecido do seguinte xeito:
Os venres de novembro, ás 20,00 h.:
      -          Día  8:    TORREIROS de Pablo Ces
-          Día 15:   N VI de Pela del Álamo
-          Día 22:   GALICIA de Guerin Hill e XANTARES de Pedro Olea
-          Día 29:   VENTANAS EN EL CUERPO de Gonzalo Palmeiro



viernes, 27 de septiembre de 2013

MIRADAS ETONOGRÁFICAS 2013. CINE NO MUSEO ETNOLÓXICO



         Para os vindeiros meses de outubro e novembro o Museo Etnolóxico organizou un ciclo de cine no que se proxectaran oito películas documentais, todas elas de produción galega, que abordan desde un punto de vista histórico e etnográfico diferentes temas da nosa terra.
Oficios como o de torreiro ou o de médico rural, a historia do psiquiátrico de Conxo ou a emigración, entre outros, teñen presenza nestes filmes.
A boa parte das proxeccións asistirán os directores destas películas e establecerase un debate ao final  no que os asistentes poderán preguntar e comentar calquera cuestión sobre estes documentais.
        
FOLLETO DO CICLO DE CINE

CARTEL DO CINE DE OUTONO

jueves, 19 de septiembre de 2013

jueves, 18 de julio de 2013

MARXES FÍLMICAS. Cine en agosto.Museo Etnolóxico



            Para o mes de agosto, o Museo Etnolóxico organizou un ciclo de cine que consta de catro proxeccións de películas baixo o título de Marxes Fílmicas, estas películas quedan  fora do cine comercial e dos circuítos de distribución.
Este pequeno ciclo realizarase grazas á colaboración do Cineclube Padre Feijoo de Ourense co Instituto Goethe (Madrid), e á participación do Museo como organizador e dentro do seu programa de difusión cultural.

Entrada gratuíta.

lunes, 15 de julio de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO E A MOSTRA DE TEATRO-RIBADAVIA (MUSEO ETNOLÓXICO)



 Exposición temporal: desde o 16 de xullo ao 15 de setembro.
          Con motivo do día das letras galegas, dedicado neste ano 2013 a Roberto Vidal Bolaño, dúas profesoras de ensino secundario: Rita Abraldes Iglesias e Maribel Gil Cacheiro, do Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES de Ribadavia e formando parte da programación didáctica do centro elaboraron unha exposición en base a un traballo de estudo e investigación partindo da consulta dos fondos documentais da Asociación Cultural Abrente (Ribadavia) que están depositados no Museo Etnolóxico.
A exposición consta de tres paneis co resultado deste traballo de documentación e un retrato (collage) de Roberto Vidal Bolaño realizado polos alumnos.

INFORMACIÓN COMPLETA

viernes, 24 de mayo de 2013

MAQUINA CORTADORA ZAGA (MUSEO ETNOLOXICO)



MÁQUINA CORTADORA
Ferro e madeira
Altura: 80 cm.; Anchura 42,5 cm.; Profundidade: 45 cm.
Inv. 2077


          Esta máquina consta de un banco rectangular de madeira en cuxa parte superior se instala unha peza metálica suxeita ao banco con dous parafusos. Leva dous rolos metálicos estriados que se accionan mediante unha unha manivela colocada nunha roda con tres radios nos que se insiren tres coitelas semicirculares. A roda leva un eixo que é a peza que engarza cos rolos.
          O funcionamento da máquina e sinxelo xa que cunha man se mete o producto a cortar entre os rolos estriados -que a empurran hacia as coitelas da roda- e coa outra se acciona a manivela para que as coitelas corten a materia.
          Máquinas agrícolas Zaga é un empresa de Irureta (Biscaia) creada en 1941 que se dedicou á fabricación dunha ampla gama de instrumental auxiliar para a agricultura e a gandaría, entre as que estaban as máquinas cortadoras para forraxe, verduras, etc.
Esta cortadora do museo podería tratarse dun modelo de finais dos anos corenta ou principios dos cincuenta do século XX xa que é un aparato practicamente idéntico a outro reproducido nun folleto publicitario-catalogado como "cortaverduras"- da marca ZAGA daqueles anos, aínda que obviamente podería ter sido fabricada posteriormente seguindo patróns anteriores. ZAGA adquiriu a patente dunha serie de máquinas cortadoras para feo, palla e forraxe o 16 de abril de 1969 e naquela patente o mecanismo construtivo destes aparatos coincide exactamente co desta cortadora do Etnolóxico que sen dúbida debeu utilizarse para torar unha boa variedade de produtos agrícolas.
En calquera caso se trata dunha máquina excepcional da que non deben quedar moitos exemplares e polo tanto unha das pezas máis orixinais e singulares custodiadas neste Museo.
Catalogación: Roberto Aneiros Gª.

Patente de cortadoras Zaga (1969)

miércoles, 22 de mayo de 2013

II XORNADA DE BIBLIOTECAS ESPECIALIZADAS NO MUSEO ETNOLÓXICO: “Conservación e difusión dos recursos documentais en bibliotecas especializadas"


II Xornada Bibliotecas especializadas:
“Conservación e difusión dos recursos documentais en bibliotecas especializadas"
                                                   5 de xuño de 2013

Conservación e difusión de recursos documentais van unidos a través da dixitalización, así o persoal das bibliotecas especializadas, caracterizadas pola diversidade de recursos documentais debemos coñecer os pasos e os mecanismos existentes para ir da conservación á difusión: desde as normas de  dixitalización á suba na rede dos recursos documentais.
Como participan e como poden participar as bibliotecas especializadas nos proxectos de dixitalización colectivos: bibliotecas dixitais, arquivos dixitais, repositorios, recolectores, para conseguir visibililizar, difundir e facer accesibles os nosos fondos tan interesantes como pouco coñecidos?

Dirixido a :
-Profesionais de bibliotecas especializadas e centros de documentación
-Profesionais de museos, arquivos, xestores culturales
-estudantes de biblioteconomía e documentación

Lugar:
Centro Comarcal do Ribeiro (Avda. Redondela, 3. 32400 Ribadavia. Ourense)

Inscrición gratuita
Prazas limitadas
Certificación de asistencia




martes, 14 de mayo de 2013

O MUSEO ETNOLÓXICO NO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS (18 DE MAIO DE 2013)

        Para conmemorar este día o Museo Etnolóxico preparou varias actividades, ao longo desta semana, que terán como centro de atención aos escolares do Ribeiro e nelas participarán arredor de cen estudiantes de primaria procedentes do CEIP de Quins (Melón), do CPI Tomás de Lemos (Ribadavia) e do CEIP Pena Corneira (Carballeda de Avia).

PROGRAMA

18 DE MAIO 2013 - DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
MUSEOS (memoria + creatividade) = PROGRESO SOCIAL

Mércores 15 DE MAIO: 10,00 H.
CONTACONTOS MUSICADO “OLA RÍOS OLA FONTES”
Miguel Alonso Diz e Xesús Andrés Tejada (músico)
Duración: 1 hora
 Ola ríos, ola fontes é unha achega a Rosalía de Castro dende a recreación dunha terra, a nosa, chea de poesía, maxia e música que pousa no corazón dos nenos imaxes onde a natureza e os animais da nosa terra teñen un lugar importante. A idea desta actividade é que os nenos coñezan a Rosalía dun xeito divertido, conxugando música, poesía recitada e unha peza de vídeo.
 Mércores 15 DE MAIO: 11,30 H.
O GALO QUIRICO E OS SEUS AMIGOS
Viravolta Títeres
Duración: 1 hora
Este espectáculo de marionetas con teatriño de cartón e música en directo basease nun texto de Bernardino Graña que fai unha versión do conto popular do Galo Quirico.

Xoves 16 DE MAIO: 11,00 H.
CONTACONTOS MUSICADO “OLA RÍOS OLA FONTES”
Miguel Alonso Diz
Duración: 1 hora

Sábado 18 DE MAIO
Os adultos que visiten o Museo acompañados dun menor de idade serán agasallados cun catálogo das coleccións do Etnolóxico.
Horario sábados: 11,00-14,30 h.

lunes, 22 de abril de 2013

BOOKCROSSING DA BIBLIOTECA DO MUSEO (23 ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DOS LIBROS)


                     
                O día 23 de abril, Día Internacional do Libro, máis de 70 Bibliotecas de Museos de toda España únense nunha actividade conxunta de bookcrossing liberando 3.000 libros en espazos públicos. O obxectivo é que as persoas que encontren estes libros os liberen de novo -despois de desfrutar deles- en calquera parte do mundo para que outras persoas volvan a gozar deses libros; as bibliotecas dos museos contribúen así a fomentar a lectura e buscan tamén mellorar a súa visibilidade cara aos usuarios.
A Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia (Ourense) únese por segundo ano consecutivo a esta iniciativa, promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do ARTIUM, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo de Vitoria-Gasteiz e liberará arredor de 20 libros das publicacións propias, duplicados e doazóns que fan particulares para esta acción.
 Como novidade, este ano establecemos unha colaboración con profesoras da Universidade de Vigo do Campus de Ourense para implicar ao estudantado universitario na liberación dos libros; cunha charla nas aulas darase a coñecer o movemento bookcrossing e farémoslles ver que o interesante desta actividade é seguir o percorrido do libro polo mundo.
Todos os libros liberados estarán acreditados coas etiquetas, conterán as instrucións para facilitar ao lector a súa participación na campaña e estarán rexistrados na páxina web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar onde liberarán cada exemplar.
O éxito da liberación do ano pasado fixo que decidísemos incluír nas sala s de exposición do Museo unha zona oficial de liberación de libros, durante todo o ano as persoas que visitan o Museo poden unirse a este movemento de captura e liberación de libros.
No blogue da Biblioteca do Museo hai máis información sobre a liberación do ano 2012:

martes, 16 de abril de 2013

MULLERES ANTE A ADVERSIDADE: TEMPOS E CONTRATEMPOS- Exposición en liña

           

                    


           O Museo Etnolóxico participa, dentro da iniciativa Patrimonio en Femenino do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na exposición online e no catálogo en liña de Mulleres ante a adversidade: tempos e contratempos.A edición deste ano ten como obxectivo ofrecer aos usuarios unha visión específica do papel desempeñado polas mulleres de diferentes sociedades e épocas en momentos de adversidade, transformación e cambio. A través de 94 bens culturais, procedentes de 36 museos integrados na Rede Dixital de Coleccións de Museos de España, CERES, articúlanse catro eixes expositivos: as mulleres ante o cambio social, os períodos de subsistencia e supervivencia, os conflitos e as transformacións políticas, e os propios cambios habidos no ámbito do privado e o persoal. Unha quinta categoría analiza, baixo o epígrafe Nomes propios, o papel de mulleres relevantes que padeceron a adversidade en múltiples facetas da súa vida pública e privada.
A exposicións consta das seguintes seccións: Cambio social, Subsistencia e supervivencia, Conflictos e transformacións políticas, En clave persoal, Nomes propios.

viernes, 1 de febrero de 2013