Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

martes, 14 de mayo de 2013

O MUSEO ETNOLÓXICO NO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS (18 DE MAIO DE 2013)

        Para conmemorar este día o Museo Etnolóxico preparou varias actividades, ao longo desta semana, que terán como centro de atención aos escolares do Ribeiro e nelas participarán arredor de cen estudiantes de primaria procedentes do CEIP de Quins (Melón), do CPI Tomás de Lemos (Ribadavia) e do CEIP Pena Corneira (Carballeda de Avia).

PROGRAMA

18 DE MAIO 2013 - DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
MUSEOS (memoria + creatividade) = PROGRESO SOCIAL

Mércores 15 DE MAIO: 10,00 H.
CONTACONTOS MUSICADO “OLA RÍOS OLA FONTES”
Miguel Alonso Diz e Xesús Andrés Tejada (músico)
Duración: 1 hora
 Ola ríos, ola fontes é unha achega a Rosalía de Castro dende a recreación dunha terra, a nosa, chea de poesía, maxia e música que pousa no corazón dos nenos imaxes onde a natureza e os animais da nosa terra teñen un lugar importante. A idea desta actividade é que os nenos coñezan a Rosalía dun xeito divertido, conxugando música, poesía recitada e unha peza de vídeo.
 Mércores 15 DE MAIO: 11,30 H.
O GALO QUIRICO E OS SEUS AMIGOS
Viravolta Títeres
Duración: 1 hora
Este espectáculo de marionetas con teatriño de cartón e música en directo basease nun texto de Bernardino Graña que fai unha versión do conto popular do Galo Quirico.

Xoves 16 DE MAIO: 11,00 H.
CONTACONTOS MUSICADO “OLA RÍOS OLA FONTES”
Miguel Alonso Diz
Duración: 1 hora

Sábado 18 DE MAIO
Os adultos que visiten o Museo acompañados dun menor de idade serán agasallados cun catálogo das coleccións do Etnolóxico.
Horario sábados: 11,00-14,30 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario