Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

lunes, 15 de mayo de 2017

Día Internacional dos Museos 2017 #DIM17


O Consello Internacional de Museos ICOM propón para celebrar o Día Internacional dos Museos (18 de maio) neste ano 2017 o tema: Museos historias controvertidas: decir o indecible nos Museos co obxectivo de sensibilizar ao público sobre o feito de que os museos son un medio para o intercambio e difusión de todo tipo de culturas.
Para conmemorar esta data o Museo Etnolóxico reúne unha serie de actividades durante todo este mes de maio, que vén sendo tradicionalmente o mes dos Museos.



05/05/2017
20:00 h: Presentación do catálogo «A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico»
Catálogo das pezas integrantes da colección de pesca do Museo Etnolóxico, con textos de Víctor Castro Carballal, María José Ruíz Vázquez e Sara Costa Muñoz e fotografías de Santi M. Amil, Miguel Piñeiro, Pablo González, Hércules de Ediciones, Marqués de Santa María del Villar e Mila Rodero.

06/05/2017
12:00 h: Apertura da exposición temporal «Vivir da terra. A loita do campesiñado galego (1925 – 1975)», na que o grupo de investigación HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela ten plasmado o resultado dos seus traballos sobre a conflitividade xerada polas transformacións socioeconómicas nos dous cuartos centrais do século XX.

09/05/2017
20:00 h: conversa no Museo Etnolóxico «Museos, escola e memoria social da Galicia do século XX: algunhas reflexións a partir da exposición Vivir da terra. A loita do campesiñado galego (1925 – 1975)» con Raúl Soutelo Vázquez e Daniel Lanero Táboas.
Coa colaboración do Concello de Ribadavia.

12/05/2017
20:00 h: presentación e conversa sobre o libro «Non des a esquecemento» co seu autor Jose Luis Bará Torres. A presentación será feita por Xosé Carlos Sierra Rodríguez.

17/05/2017
O Museo Etnolóxico en Raigame. O Museo Etnolóxico participa na XVI Romería Etnográfica Raigame coa proxección de dous filmes, nun cine rural improvisado no baixo dunha das casas da vila de Vilanova do Infantes, que lle chamaremos "Cine Carlos Velo: 

«Galicia 1971» (Galicia, 1971) 30' de Josep Granés que se proxectará pola mañá ás 11.30 h e pola tarde ás 18.00 h.
O filme recolle unha viaxe de turismo familiar por Galicia no ano 1971 da familia do fotógrafo catalán Josep Granés í Hostench. Percorren lugares coñecidos das provincias da Coruña e de Pontevedra, nas que vai filmando monumentos e patrimonio artístico, á vez que as tradicións e costumes de Galicia,a banda sonora son cancións galegas.
«Festa, trabalho e paõ em Grijó da Parada» (Portugal, 1974) 35' de Manuel Costa Silva proxectarase pola mañá ás 12.30 h.
Esta mediametraxe é un dos primeiros documentais do Novo Cinema portugués que se insere na práctica da antropoloxía visual. :Mistura as antigas tradicións dos «caretos», personaxes mascarados, típicos das festas do ciclo de inverno e do ciclo de primavera, coa realidade cotiá da vida rural dos anos setenta do S. XX en Grijó de Parada, unha aldea do nordeste trasmontano, perto de Bragança. 

Coa colaboración do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e o Cineclube Padre Feijoo. 


0: O CARRO E O HOME (Galicia, 1941), 11’ 18.00: GALICIA 1971 (G
18/05/2017
Día Internacional dos Museos
Público en xeral: Xornada de portas abertas no Museo Etnolóxico.
Asociaciación de Amigos do Museo: visita guiada a Sala de Reservas do Museo (A Veronza) , sairemos ás 11.30 h da sede do Museo na rúa Santiago, 10.
19/05/2017

foto Alberto Uyarra
22.00 h: Noite Branca dos Museos. Concerto «Músicas para manivela» (zanfona, caixa de música programable, rolmónica cromática, live looping) con Germán Díaz.
"Germán ten non só a habilidade de espertar emocións durmidas senón que ademais as veces chega a paralizarnos o pulso coa delicadeza emocional que expresa mediante os seus instrumentos de manivela". O Club de Jazz Carlos Pérez Cruz.



Despois do concerto haberá unha visita nocturna ao Museo Etnolóxico.

24/05/2017

20:00 h: no patio do Museo «Concerto de coro e conxunto instrumental» do Conservatorio Profesional e Escola Municipal de Música de Ribadavia.







26/05/2017

11:00 h: no patio do Museo funk, rock, jazz e world music co Grupo Grüvzilla Paulo Silva, batería; Luke Jennings, guitarra, e Antón Torronxto Fernández, baixo. A música deste trío é o resultado das achegas dun brasileiro, un inglés e un galego que soa ao que eles chaman groove ou a liberdade do jazz.
Coa colaboración do CEIP Tomás de Lemos de Ribadavia.


Folleto do Día Internacional dos Museos


jueves, 4 de mayo de 2017

Presentación do catálogo: "A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico"

O venres 5 de maio ás 20.00 h. presentarase no salón de actos do Museo o catálogo da exposición: "A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico".


Aproveitaremos o acto para manter un coloquio sobre a pesca deportiva coa participación de Gabriel Fernández, presidente da Agrupación Deportivo Natural.





Catálogo con pezas integrantes da colección de pesca do Museo Etnolóxico, con textos de Víctor Castro CarballalMaría José Ruíz Vázquez e Sara Costa Muñoz e fotografías de Santi M. AmilMiguel PiñeiroPablo GonzálezHércules de EdicionesMarqués de Santa María del Villar e Mila Rodero.

No catálogo Víctor Manuel Castro contextualiza cuns apuntamentos históricos a pesca fluvial en Galicia e a relación desta coa actividade económica, para pasar despois a catalogar as artes ou aparellos presentes na colección do Museo Etnolóxico: as artes naseiras, as artes redeiras, as embarcacións e as artes de liña (nasa, nasón, rede de pesca, cana de pesacar, cebo, cesto. Por outro lado as restauradoras María José Ruíz e Sara Costa escriben sobre o estado de conservación, o proceso de restauración e os aspectos expositivos de varias das pezas que forman parte da exposición: as nasas, o nasón, a cesta, o voitrón e a bogueira.


No limiar do catálogo o director do Museo Etnolóxico, César Llana, reflexiona sobre a importancia da elaboración e edición dun catálogo: "a elaboración dun catálogo serve para reflexionar acerca dun tema, nesta caso a pesca fluvial, para revisar o estado de conservación dos bens que intergran o fondo, para tomar conciencia das lagoas e tamén ás veces, como é felizmente o caso, elaborar un discurso cos bens elixidos e mostralo á cidadanía a través dunha exposición. Un traballo no que intervén o cadro de persoal do Museo: identificando e documentando, intervindo para acadar o mellor estado de conservación posible, buscando imaxes e textos acaídos ao relato a desenvolver". Tanto a exposición como a publicación do catálogo que a complementa é por tanto o resultado do traballo en equipo do persoal técnico do Museo, dos fotógrafos, dos deseñadores, dos montadores, etc.