viernes, 24 de mayo de 2013

MAQUINA CORTADORA ZAGA (MUSEO ETNOLOXICO)



MÁQUINA CORTADORA
Ferro e madeira
Altura: 80 cm.; Anchura 42,5 cm.; Profundidade: 45 cm.
Inv. 2077


          Esta máquina consta de un banco rectangular de madeira en cuxa parte superior se instala unha peza metálica suxeita ao banco con dous parafusos. Leva dous rolos metálicos estriados que se accionan mediante unha unha manivela colocada nunha roda con tres radios nos que se insiren tres coitelas semicirculares. A roda leva un eixo que é a peza que engarza cos rolos.
          O funcionamento da máquina e sinxelo xa que cunha man se mete o producto a cortar entre os rolos estriados -que a empurran hacia as coitelas da roda- e coa outra se acciona a manivela para que as coitelas corten a materia.
          Máquinas agrícolas Zaga é un empresa de Irureta (Biscaia) creada en 1941 que se dedicou á fabricación dunha ampla gama de instrumental auxiliar para a agricultura e a gandaría, entre as que estaban as máquinas cortadoras para forraxe, verduras, etc.
Esta cortadora do museo podería tratarse dun modelo de finais dos anos corenta ou principios dos cincuenta do século XX xa que é un aparato practicamente idéntico a outro reproducido nun folleto publicitario-catalogado como "cortaverduras"- da marca ZAGA daqueles anos, aínda que obviamente podería ter sido fabricada posteriormente seguindo patróns anteriores. ZAGA adquiriu a patente dunha serie de máquinas cortadoras para feo, palla e forraxe o 16 de abril de 1969 e naquela patente o mecanismo construtivo destes aparatos coincide exactamente co desta cortadora do Etnolóxico que sen dúbida debeu utilizarse para torar unha boa variedade de produtos agrícolas.
En calquera caso se trata dunha máquina excepcional da que non deben quedar moitos exemplares e polo tanto unha das pezas máis orixinais e singulares custodiadas neste Museo.
Catalogación: Roberto Aneiros Gª.

Patente de cortadoras Zaga (1969)

No hay comentarios:

Publicar un comentario