Museo Etnolóxico Ribadavia

Museo Etnolóxico Ribadavia
Vista do patio interior do Museo

martes, 18 de abril de 2017

Presentación do libro: "Bernardino Graña Refojos. Crónicas de Cangas (1930-1933) e mestre en Ribadavia e Cangas"





Mécores 19 de abril ás 20:00 h: Presentación do libro: «Bernardino Graña Refojos. Crónicas de Cangas (1930-1933) e mestre en Ribadavia e Cangas» coordinado por Tonino Graña, Iago Santos Castroviejo e Amalia Soage Molanes.
Publicación adicada ao mestre humanista e xornalista don Bernardino Graña Refojos, que exerceu a docencia en Ribadavia, no Colexio Akademos, e en Cangas, na Academia Morrazo.
Na presentación participarán Juan Bande Alonso, Xesús Alonso Montero e Iago Santos Castroviejo.
 
 
 
 
 
A obra «Bernardino Graña Refojos. Crónicas de Cangas (1930-1933) e mestre en Ribadavia e Cangas», coordinada por Tonino Graña, Iago Santos e Amalia Soage, estrutúrase en tres partes, a primeira adicada á colaboración de Bernardino Graña no xornal El Pueblo Gallego (1930-1933), segue unha autobiografía do mestre e, finalmente, o terceiro capítulo contén escritos de alumnos seus no Colexio Akademos de Ribadavia e na Academia Morrazo de Cangas. O libro complétase cunha presentación de Antonio Graña Graña e coa lembranza de don Bernardino Graña Refojos feita por Xesús Alonso Montero.
 




Esta fotografía do fondo Familia García Docampo conservada no Museo Etnolóxico é testemuño da labor docente na vila de Ribadavia de Bernardino Graña, aparece no centro rodeado polo alumnado do Colexio Akademos diante da igrexa da Virxe da Oliveira no ano 1943. Á dereita, con gravata, Benito Aquilino, tamén profesor na escola.

No hay comentarios:

Publicar un comentario