jueves, 29 de junio de 2017

Conversa no Museo con Xoel Rodríguez Martínez: "Relacións entre Galicia e as Illas Británicas a comezos da Idade Media"

                                                
                                                    Conversa no Museo Etnolóxico:

               "Relacións entre Galicia e as Illas Británicas a comezos da Idade Media"
          con Xoel Rodríguez Martínez bolseiro da Xunta de Galicia no Museo Etnolóxico
                                                           xoves 29 de xuño ás 20.00 h



Xoel Rodríguez Martínez falaranos este xoves 29 de xuño ás 20:00 horas das relacións que houbo entre o noroeste peninsular e as Illas Británicas a comezos da Idade Media. Na súa conversa, «Relacións entre Galicia e as Illas Británicas a comezos da Idade Media», aproximaranos a temas como as relacións comercias, a literatura artúrica ou os cruzados en Compostela.


Xoel Rodríguez Martínez é bolseiro en formación en catalogación de patrimonio moble galego pola Xunta Galicia no Museo Etnolóxico dende xullo do 2017. Tamén estivo como bolseiro no Museo Massó de Bueu e no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
O seu traballo fin de máster no Máster en Estudos Medievais Europeos da Universidade de Santiago de Compostela versou sobre as relacións entre Galicia e o mundo británico na Alta e Plena Idade Media. O traballo, dirixido por José Miguel Andrade Cernadas, centrouse nas relacións comercias, artísticas e literarias entre ambos os dous territorios a través de testemuños como os “immrama” irlandeses, os peregrinos ingleses ou a materia artúrica.


No hay comentarios:

Publicar un comentario