Buscando plans para esta fin de semana? Achegádevos a gozar coa música de Luis Antonio Pedraza e Carlos Beceiro e o seu proxecto Fierro. Unha viaxe a despoboación.
Luis Antonio Pedraza dende moi novo comezou a mirar o pasado musical achegando o seu grau de area á materia prima rescatada da tradición. Crea unha atmósfera musical propia, baseada na frescura dos sons do pasado. Trátase dunha música resistente, unha posta en valor do patrimonio musical legado polos nosos maiores.
Frautas, gaitas, voz e todo tipo de percusións latexan enérxicos nas melodías de incesante pulso vital no seu proxecto actual Fierro. Unha viaxe musical da despoboación. Nel recolle os sons metálicos xunto con Carlos Beceiro, nunha homenaxe aos poboados fortificados da Idade do ferro e a ese material ancestral.
Luis Antonio Pedraza (Voz, flautas y gaita sanabresa, tamboril, pequeña percusió) e Carlos Beceiro(Mandola, Guitarra, Zanfoña).
Pódese escoitar un pouquiño do disco AQUÍ
O concerto terá lugar o sábado 15 de maio as 20.00h no Auditorio Manuel María na Casa da Cultura de Ribadavia do Concello de Ribadavia. Entrada libre ata completar capacidade. Observaranse as medidas de prevención establecidas na lexislación vixente ante a crise sanitaria ocasionada pola Covid-19.
No hay comentarios:
Publicar un comentario